Boiro acolle a proxección (este domingo) do documental Ao son da nova regueifa

Esta fin de semana prosegue en Boiro o Ciclo de Cinema Mestre Mateo, a través do cal proxéctanse as longametraxes galegas máis destacadas do cinema recente (distinguidas pola Academia Galega do Audiovisual). Desta volta é a quenda do documental Ao son da nova regueifa. Proxectarase o domingo 22 de novembro ás 19.00 horas no Centro […]
O artigo Boiro acolle a proxección (este domingo) do documental <em>Ao son da nova regueifa</em> publicouse primeiro en O Barbanza. Esta fin de semana prosegue en Boiro o Ciclo de Cinema Mestre Mateo, a través do cal proxéctanse as longametraxes galegas máis destacadas do cinema recente (distinguidas pola Academia Galega do Audiovisual). Desta volta é a quenda do documental Ao son da nova regueifa. Proxectarase o domingo 22 de novembro ás 19.00 horas no Centro
O artigo Boiro acolle a proxección (este domingo) do documental <em>Ao son da nova regueifa</em> publicouse primeiro en O Barbanza.  

Participantes no documental nunha imaxe de Aigi Boga

Esta fin de semana prosegue en Boiro o Ciclo de Cinema Mestre Mateo, a través do cal proxéctanse as longametraxes galegas máis destacadas do cinema recente (distinguidas pola Academia Galega do Audiovisual). Desta volta é a quenda do documental Ao son da nova regueifa. Proxectarase o domingo 22 de novembro ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro.

Todo comeza cunha busca, a da nova regueifa. Nese proceso, rematamos decatándonos de que xa estamos camiñando ao son dela. Este documental propón unha viaxe na procura das pontes construídas entre a regueifa tradicional e as súas expresións máis contemporáneas, afondando no proceso de recuperación e transformación desta arte da improvisación oral na Galiza.

Nun percorrido que atravesa o país de norte a sur, coñecemos regueifeiras e regueifeiros que nos abren as portas ao mundo do repentismo, traendo á fronte o talento, a creatividade e a diversidade que caracteriza a Regueifa hoxe en día. Neste itinerario que vai de Bergantiños a Vigo, non deixan de presentársenos unha serie de opostos: tradición e modernidade, aldea e cidade, aprendizaxe innata e pedagoxía…

A través de testemuñas apaixonadas, versos improvisados e moita música, trazamos un retrato poliédrico da Regueifa contemporánea: unha arte con raíces fondas e ás abertas, disposta a seguir improvisando polos camiños do vento.

Dirección: Manolo Maseda e Saúl Rivas

Produción executiva: Xosé A. Touriñán, Manolo Maseda, Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa

Guión: Manolo Maseda e Saúl Rivas

Realización: Jairo Iglesias

Operadores de cámara: Jairo Iglesias e Adolfo Fernández

Edición: Jairo Iglesias e Iria Martínez

Son en directo: Alberto Blanco, Borja Freire e Pablo Vidal

Posprodución de son: Santi Jul e Iván Laxe

Música orixinal: Antía Ameixeiras (violín), Olaya Liñares (clarinete), Richi Casás (saxofón), Manu Paino (trompeta), Manolo Maseda (acordeón)

Música cedida: Caamaño & Ameixeiras, Sés, A Orquestra Bravú Xangai, O Sonoro Maxín, Peter Petrowsky, Alba María

Dirección de produción: Laura Canto

Xefatura de produción: Miguel Vázquez

Equipo de produción: Lucía Pallín, Alba Gilda e Brais Alvarellos

Fotografía: Aigi Boga

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas