Dende o luns, 16 de novembro e ata o 3 de decembro do presente ano a Asociación Cultural Taller Alecrín en colaboración ca Concellería de Educación de Ribeira desenvolven a iniciativa de formación e dinamización Xoga ao Baile Deportivo, promoción orientada a escolares de Primaria que ten por obxectivo dar a coñecer os dez bailes […]
O artigo O Concello de Ribeira e Alecrín activan unha formación en baile deportivo publicouse primeiro en O Barbanza. Dende o luns, 16 de novembro e ata o 3 de decembro do presente ano a Asociación Cultural Taller Alecrín en colaboración ca Concellería de Educación de Ribeira desenvolven a iniciativa de formación e dinamización Xoga ao Baile Deportivo, promoción orientada a escolares de Primaria que ten por obxectivo dar a coñecer os dez bailes
O artigo O Concello de Ribeira e Alecrín activan unha formación en baile deportivo publicouse primeiro en O Barbanza.

Dende o luns, 16 de novembro e ata o 3 de decembro do presente ano a Asociación Cultural Taller Alecrín en colaboración ca Concellería de Educación de Ribeira desenvolven a iniciativa de formación e dinamización Xoga ao Baile Deportivo, promoción orientada a escolares de Primaria que ten por obxectivo dar a coñecer os dez bailes que abranguen as modalidades de baile en parella: estándar e latino como parte da programación da materia de Educación Física en relación coa expresión corporal e o ritmo.
Nesta primeira edición sumáronse á proposta o CEIP de Artes, o CEP de Carreira, o CEIP de Frións, o CEIP O Grupo de Ribeira máis o CEIP de Palmeira e nela está prevista a participación de preto de douscentos escolares de 4º de Primaria baixo a dirección técnica e pedagóxica de Francisco Muñiz, mestre e adestrador de baile deportivo, bailarín e coreógrafo.
Valse Inglés e Valse Vienés como Bailes Estándar máis Rumba e Cha-cha-chá como Bailes Latinos serán as materias que se poderán practicar nesta primeira unidade que rematará cun pequeno simulacro de competición. Esta será a primeira das tres unidades que a Asociación ten pensado desenvolver no futuro ata completar o ciclo cos 10 bailes.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
