A Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal acolle o XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo

A mostra itinerante da Deputación da Coruña poderá visitarse no espazo cultural Raquel Fernández Soler do 7 ao 25 de outubro. A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal abre mañá as súas portas á décimo novena edición do Certame de Arte Isaac Díaz Pardo. A exposición, que permanecerá aberta ao público […]
O artigo A Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal acolle o XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo publicouse primeiro en O Barbanza. A mostra itinerante da Deputación da Coruña poderá visitarse no espazo cultural Raquel Fernández Soler do 7 ao 25 de outubro. A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal abre mañá as súas portas á décimo novena edición do Certame de Arte Isaac Díaz Pardo. A exposición, que permanecerá aberta ao público
O artigo A Casa da Cultura da Pobra do Caramiñal acolle o XIX Certame de Arte Isaac Díaz Pardo publicouse primeiro en O Barbanza.  

A mostra itinerante da Deputación da Coruña poderá visitarse no espazo cultural Raquel Fernández Soler do 7 ao 25 de outubro.

A Casa da Cultura Raquel Fernández Soler da Pobra do Caramiñal abre mañá as súas portas á décimo novena edición do Certame de Arte Isaac Díaz Pardo. A exposición, que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 25 de outubro, consolídase como un espazo de encontro, reflexión e pulo á creación contemporánea, facilitando o diálogo entre distintas linguaxes visuais e o contexto actual.

Promovido pola Deputación da Coruña coa colaboración do Concello da Pobra, o certame pon de relevo a vitalidade artística galega e o compromiso institucional coa descentralización cultural e o apoio ao talento emerxente e consolidado.

A gran protagonista desta edición é a artista Ana Isabel Gesto Beiroa, galardoada co premio principal pola súa obra Intervalo 2024. O xurado valorou a súa potencia conceptual, a súa capacidade de síntese e a sensibilidade coa que aborda «o cotián feminino, o espazo doméstico e o etnográfico», proxectando realidades próximas cara a unha dimensión universal.

Ademais da peza gañadora, a Deputación da Coruña incorporou aos seus fondos artísticos catro novas propostas adquiridas no marco do certame:

  • La memoria en el corazón, de Carmen Suárez Marcos.
  • Diario, octubre del 84, de Joan Morera Arbones.
  • ConJugar, de Andrea Costas Lago.
  • América del norte política, de Jesús Victoriano Fandiño Gracia.

A mostra itinerante compleméntase cunha ampla selección de pezas que abordan cuestións como a identidade, a memoria, o territorio e as tensións do presente. Entre elas figuran propostas como S/T (da serie Binomios), de Pablo Rodríguez Barreiro; Ausencias, de Paula Teresa Iglesias Rois; e Sen título (Bamba en Lanzarote), de Jesús Madriñán Fernández. Tras o seu paso pola Pobra, a exposición continuará o seu percorrido por diversas localidades da provincia.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas