A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH Barbanza) emitiu un comunicado no que expresa a súa máis firme protesta e profunda indignación ante a recente colocación de urinarios públicos sobre o espazo que acolle o monumento en lembranza das persoas represaliadas polo franquismo no municipio de Ribeira. Para a comisión, “este feito […]
O artigo A CRMH Barbanza reclama a retirada dos urinarios instalados na contorna do monumento ás vítimas do franquismo no porto de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH Barbanza) emitiu un comunicado no que expresa a súa máis firme protesta e profunda indignación ante a recente colocación de urinarios públicos sobre o espazo que acolle o monumento en lembranza das persoas represaliadas polo franquismo no municipio de Ribeira. Para a comisión, “este feito
O artigo A CRMH Barbanza reclama a retirada dos urinarios instalados na contorna do monumento ás vítimas do franquismo no porto de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH Barbanza) emitiu un comunicado no que expresa a súa máis firme protesta e profunda indignación ante a recente colocación de urinarios públicos sobre o espazo que acolle o monumento en lembranza das persoas represaliadas polo franquismo no municipio de Ribeira.
Para a comisión, “este feito supón unha grave falta de respecto á memoria das vítimas e ás súas familias, así como unha banalización intolerábel dun lugar que foi concibido para o recordo, a dignidade e a reparación simbólica das persoas que sufriron persecución, violencia e morte durante a ditadura franquista”.
Engaden que “a instalación destes elementos nun emprazamento de tan alto valor simbólico non só resulta ofensiva, senón que evidencia unha preocupante falta de sensibilidade institucional cara á memoria histórica e democrática”. Para a Comisión, “os espazos de lembranza non poden ser tratados como simples lugares funcionais nin desprovistos do seu significado” e por esta razón esixen “a retirada inmediata dos urinarios deste lugar e reclaman ao Concello de Ribeira explicacións públicas sobre esta decisión, así como a adopción de medidas que garantan o respecto e a protección dos espazos dedicados á memoria das vítimas da represión”.
Do mesmo xeito, instan ás administracións competentes a reforzar “o compromiso coa memoria democrática, promovendo políticas activas de recoñecemento, conservación e dignificación destes lugares, fundamentais para a construción dunha sociedade xusta e consciente do seu pasado”, sinalan, concluíndo que “a memoria das vítimas non pode nin debe ser ignorada nin menosprezada”.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
