Suma Ribeira doará 5.550 euros para favorecer a accesibilidade nas praias de Ribeira con cadeiras anfibias

A agrupación Suma Ribeira emitiu un comunicado no que anuncia a decisión de poñer fin ao partido político con que o grupo concorreu nas eleccións municipais de 2019. Informan tamén que actualmente Suma Ribeira dispón duns 5.500€, que, segundo a normativa que regula os partidos políticos, legalmente son de libre disposición. “Na nosa organización estudamos […]
O artigo Suma Ribeira doará 5.550 euros para favorecer a accesibilidade nas praias de Ribeira con cadeiras anfibias publicouse primeiro en O Barbanza. A agrupación Suma Ribeira emitiu un comunicado no que anuncia a decisión de poñer fin ao partido político con que o grupo concorreu nas eleccións municipais de 2019. Informan tamén que actualmente Suma Ribeira dispón duns 5.500€, que, segundo a normativa que regula os partidos políticos, legalmente son de libre disposición. “Na nosa organización estudamos
O artigo Suma Ribeira doará 5.550 euros para favorecer a accesibilidade nas praias de Ribeira con cadeiras anfibias publicouse primeiro en O Barbanza.  

A agrupación Suma Ribeira emitiu un comunicado no que anuncia a decisión de poñer fin ao partido político con que o grupo concorreu nas eleccións municipais de 2019. Informan tamén que actualmente Suma Ribeira dispón duns 5.500€, que, segundo a normativa que regula os partidos políticos, legalmente son de libre disposición. “Na nosa organización estudamos distintas posibilidades sobre o destino destes cartos, sendo maioritaria a opción de doalos ao concello, devolvendo así ás veciñas parte dos cartos recibidos cos votos obtidos nas eleccións de 2019”, sinalan no comunicado, engadindo que “tamén consideramos procedente que a nosa achega económica ao concello fora de carácter finalista e que estivese directamente relacionada con algunha
proposición presentada por Suma Ribeira”. Finalmente as e os integrantes da agrupación decidiron poñer o foco na accesibilidade das persoas con mobilidade reducida, “tema que foi para nós de gran importancia, e sobre o que presentamos dúas proposicións, aprobándose por unanimidade no pleno de 28 de marzo de 2022 a relativa a Accesibilidade integral ás praias do noso concello”.

Deste xeito decidiron que os 5.500€ se dedicasen a adquisición de cadeiras anfibias, para posibilitar o baño coa maior autonomía posíbel ás persoas que carecen dela por problemas de mobilidade.

E engaden: “Cremos procedente informar de que a nosa decisión de doar os cartos foille transmitida ao Concello en decembro do ano pasado, sendo a nosa intención que este verán xa se puidera desfrutar desta axuda para o baño nas praias. Despois de meses de espera o convenio foi asinado o pasado dous de xuño. En Suma Ribeira, ademais de facer pública a nosa decisión, tamén queremos transmitir o noso desexo de que as persoas con problemas de mobilidade que o desexen poidan beneficiarse canto antes da nosa doazón. Agardamos e desexamos que o Goberno municipal comparta a nosa inquedanza porque canto antes as persoas que o precisen poidan beneficiarse desta axuda para o baño. Ao noso entender debería ser unha prioridade”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas