A Deputación da Coruña recoñece nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua a Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G. O certame, dotado con 5.000 euros para cada unha das categorías, está convocado pola Área de Lingua da Deputación e ten como obxectivo “recoñecer persoas, entidades e iniciativas comprometidas coa promoción […]
O artigo A Deputación recoñece a Carlos Callón nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua (e tamén á CTNL, á Gramola Gominola e a Vitamina G) publicouse primeiro en O Barbanza. A Deputación da Coruña recoñece nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua a Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G. O certame, dotado con 5.000 euros para cada unha das categorías, está convocado pola Área de Lingua da Deputación e ten como obxectivo “recoñecer persoas, entidades e iniciativas comprometidas coa promoción
O artigo A Deputación recoñece a Carlos Callón nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua (e tamén á CTNL, á Gramola Gominola e a Vitamina G) publicouse primeiro en O Barbanza.
A Deputación da Coruña recoñece nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua a Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G.
O certame, dotado con 5.000 euros para cada unha das categorías, está convocado pola Área de Lingua da Deputación e ten como obxectivo “recoñecer persoas, entidades e iniciativas comprometidas coa promoción social do galego e co seu futuro, especialmente entre a infancia e a mocidade”, en palabras da institución provincial.
Na edición deste ano presentáronse 31 candidaturas, das cales se avaliaron finalmente 27.
Na categoría de persoa que máis destaca na promoción da lingua galega, o premio recaeu en Carlos Callón (Ribeira 1978). O xurado valorou especialmente o seu labor como “activista referencial en defensa dos dereitos lingüísticos», así como a dimensión do seu traballo no ámbito do libro galego e da divulgación arredor da lingua”.
Tamén salientou que varias das súas publicacións se converteron “en importantes ferramentas para promover o debate a favor da normalización do idioma galego, así como para mellorar a escrita e a fala da nosa lingua”.

Na categoría de entidade que máis destaca na promoción do galego, a premiada foi a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL). O xurado recoñeceu a súa “traxectoria consolidada de trinta anos” e o seu papel como entidade referente “no desenvolvemento, coordinación e racionalización das políticas e accións de normalización lingüística en Galicia”.

Pola súa banda, o premio ao mellor proxecto de dinamización lingüística dirixido á infancia e á mocidade foi concedido ex aequo a A Gramola Gominola e Vitamina G.
No caso da Gramola Gominola, o xurado destacou o “compromiso firme co uso e defensa públicos da lingua galega” e unha traxectoria de máis de dez anos dirixida ao público infantil e familiar a través da música, dos contidos audiovisuais e dos libro-discos acompañados de materiais didácticos.

Sobre Vitamina G, promovido pola profesora Mariña Lema, salientouse a orixe da iniciativa, nun centro educativo dun barrio coruñés cun contexto altamente desgaleguizado e con alumnado procedente de diferentes realidades lingüísticas. A este respecto, subliñouse o seu valor como exemplo de cohesión social e a súa capacidade para ser exportado a outros contextos semellantes.

O xurado estivo presidido pola deputada de Lingua, Sol Agra Tuñas, e contou como vogais con Xosé Ramón Freixeiro Mato, Álvaro López García e Irma Silva Hervella. Actuou como secretaria Dores Sánchez Alegre, xefa da Sección de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
