O ribeirense Carlos Callón entre os galardoados polos Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación

A Deputación da Coruña recoñeceu a Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua, dotados con 5.000 euros en cada categoría. Na categoría de persoa destacou Carlos Callón, polo seu labor como activista en defensa dos dereitos lingüísticos e pola súa contribución á divulgación e […]
O artigo O ribeirense Carlos Callón entre os galardoados polos Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación publicouse primeiro en O Barbanza. A Deputación da Coruña recoñeceu a Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua, dotados con 5.000 euros en cada categoría. Na categoría de persoa destacou Carlos Callón, polo seu labor como activista en defensa dos dereitos lingüísticos e pola súa contribución á divulgación e
O artigo O ribeirense Carlos Callón entre os galardoados polos Premios Rosalía de Castro de Lingua da Deputación publicouse primeiro en O Barbanza.  

A Deputación da Coruña recoñeceu a Carlos Callón, a CTNL, A Gramola Gominola e Vitamina G nos XVII Premios Rosalía de Castro de Lingua, dotados con 5.000 euros en cada categoría.

Na categoría de persoa destacou Carlos Callón, polo seu labor como activista en defensa dos dereitos lingüísticos e pola súa contribución á divulgación e ao libro galego. Como entidade premiouse a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL), pola súa traxectoria de trinta anos no impulso das políticas de normalización lingüística.

O premio ao mellor proxecto de dinamización lingüística para infancia e mocidade foi ex aequo para A Gramola Gominola e Vitamina G. No primeiro caso, o xurado valorou o seu compromiso co uso público do galego a través da música e materiais didácticos; no segundo, puxo en valor unha iniciativa nacida nun centro educativo coruñés que promove a cohesión social e a normalización da lingua.

Nesta edición presentáronse 31 candidaturas, das cales se avaliaron finalmente 27. O xurado estivo presidido pola deputada de Lingua, Sol Agra Tuñas.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas