O Parque Natural de Corrubedo foi o lugar escollido para a última xornada do Campo de Voluntariado Xuvenil de Amicos que conta co apoio da Xunta de Galicia, que clausurou este mércores, 22 de xullo, a súa sétima edición. Ata alí achegouse a directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara del Carmen Meneses, […]
O artigo A directora de Xuventude visita aos participantes na 7ª edición do Campo de Voluntariado Xuvenil de Amicos publicouse primeiro en O Barbanza. O Parque Natural de Corrubedo foi o lugar escollido para a última xornada do Campo de Voluntariado Xuvenil de Amicos que conta co apoio da Xunta de Galicia, que clausurou este mércores, 22 de xullo, a súa sétima edición. Ata alí achegouse a directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara del Carmen Meneses,
O artigo A directora de Xuventude visita aos participantes na 7ª edición do Campo de Voluntariado Xuvenil de Amicos publicouse primeiro en O Barbanza.
O Parque Natural de Corrubedo foi o lugar escollido para a última xornada do Campo de Voluntariado Xuvenil de Amicos que conta co apoio da Xunta de Galicia, que clausurou este mércores, 22 de xullo, a súa sétima edición. Ata alí achegouse a directora xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara del Carmen Meneses, que acompañou aos participantes durante unha acción medioambiental na zona.

Tamén asistiron María José Sampedro, alcaldesa do Concello de Ribeira e a concelleira de xuventude, Carmen Pérez, que escoitaron o que supuxo para
algúns dos quince mozos e mozas este campo no que, durante dúas semanas, compartiron unha experiencia baseada na convivencia, a inclusión e o
compromiso co patrimonio natural de Galicia. Eles e elas foron os encargados de explicar as actividades que desenvolveron ao longo do campamento, así
como as aprendizaxes e vivencias compartidas nestes días. Durante a visita, Lara del Carmen Meneses destacou “as sete edicións dunha iniciativa que vai na liña dos valores que queremos transmitir desde a Xunta, xa que une o espírito voluntario, a inclusión social e o respecto polo medio ambiente”.
Pola súa banda, a presidenta de Amicos, Esther Vidal, agradeceu o apoio constante da Xunta de Galicia nesta iniciativa e puxo en valor “o compromiso
dunha mocidade que demostra que a convivencia, a diversidade e o coidado do medio ambiente poden avanzar da man. O máis importante deste Campo non son só as actividades que se realizan, senón as relacións que nacen, as aprendizaxes compartidas e as oportunidades que se nos presentan cando traballamos xuntos”.
A través desta iniciativa, organizada por Amicos co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, a mocidade participou en numerosas accións de conservación ambiental nas zonas Rede Natura 2000, ao tempo que conviviu nun espazo inclusivo no que o compromiso coa comunidade se converteu nun dos principais valores da experiencia.
O grupo estivo formado por quince participantes, con e sen discapacidade intelectual, entre os que tamén se atopaban varios usuarios de Amicos.
Procedentes de diferentes puntos de Galicia e doutras comunidades, conviviron durante dúas semanas no Camping Praia Ría de Arousa da Pobra do Caramiñal, desde onde se desprazaron a distintos espazos naturais para desenvolver actividades de voluntariado e sensibilización ambiental.
Ao longo da súa estancia participaron na recollida de residuos en praias e montes, clasificación de lixo mariño, identificación de especies autóctonas, eliminación de especies invasoras e distintas accións de conservación en contornas de especial valor ecolóxico como o Parque Natural de Corrubedo ou
o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas.
Unha iniciativa na que o deporte e a cultura tamén xogaron un papel destacado, a través de roteiros culturais, visitas patrimoniais, obradoiros, xogos de
sensibilización, sesións de cine e dinámicas de grupo que favoreceron a creación de vínculos entre os participantes e o coñecemento da cultura e do
territorio galego.
Sete edicións formando activistas ambientais e sociais
O Campo de Voluntariado Xuvenil con Amicos consolídase tras sete edicións como unha das propostas máis singulares da campaña de verán da Xunta de
Galicia ao combinar voluntariado ambiental, inclusión social e educación en valores.
Desde a súa creación, a iniciativa busca promover entre a mocidade o respecto pola diversidade, a participación activa na comunidade e a conservación do
patrimonio natural e cultural galego. Faino a través dunha metodoloxía participativa na que persoas con e sen discapacidade comparten experiencias,
rompen barreiras e contribúen xuntas á protección do territorio.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
