Un veciño de Ribeira esixe a eliminación urxente das barreiras arquitectónicas no casco urbano

A accesibilidade nas rúas de Ribeira volve poñerse sobre a mesa. Juan Manuel Lampón Ros, un veciño da localidade con unha discapacidade visual grave, dirixiu un escrito á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Ribeira para alertar sobre a proliferación de obstáculos e barreiras arquitectónicas no casco urbano que poñen en risco a seguridade das […]
O artigo Un veciño de Ribeira esixe a eliminación urxente das barreiras arquitectónicas no casco urbano publicouse primeiro en O Barbanza. A accesibilidade nas rúas de Ribeira volve poñerse sobre a mesa. Juan Manuel Lampón Ros, un veciño da localidade con unha discapacidade visual grave, dirixiu un escrito á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Ribeira para alertar sobre a proliferación de obstáculos e barreiras arquitectónicas no casco urbano que poñen en risco a seguridade das
O artigo Un veciño de Ribeira esixe a eliminación urxente das barreiras arquitectónicas no casco urbano publicouse primeiro en O Barbanza.  

A accesibilidade nas rúas de Ribeira volve poñerse sobre a mesa. Juan Manuel Lampón Ros, un veciño da localidade con unha discapacidade visual grave, dirixiu un escrito á Sra. Alcaldesa-Presidenta do Excmo. Concello de Ribeira para alertar sobre a proliferación de obstáculos e barreiras arquitectónicas no casco urbano que poñen en risco a seguridade das persoas con diversidade funcional.

Na instancia presentada, o afectado expón as habituais dificultades que experimenta a diario xunto á súa esposa, usuaria de cadeira de rodas, para desplazarse de forma autónoma pola cidade. Entre os principais puntos de perigo sinalados, Lampón destaca a presenza de bolardos irregulares —coñecidos popularmente como “mataciegos”— en zonas de gran tránsito como a contorna do novo Auditorio Municipal e a Praza do Concello.

Así mesmo, o escrito denuncia a existencia de ramplas inadecuadas e contrarias á normativa vixente sobre accesibilidade, citando de xeito específico a rampla de acceso do taller mecánico Eurocar, próxima ao seu domicilio habitual na rúa Xosé Ramón Fernández Barreiro.

A estas barreiras físicas permanentes súmase a ocupación do espazo público por parte de algúns locais de hostalaría. Segundo detalla o escrito, determinados establecementos colocan no chan das rúas peonís enganches e anclaxes metálicas para a suxeición das súas terrazas que resultan imprevisibles e moi difíciles de detectar mediante o uso do bastón para as persoas invidentes ou con visión reducida.

Lampón apela directamente ao Concello para que interveña de xeito inmediato, lembrando que a persistencia destes obstáculos vulnera a lexislación en materia de accesibilidade universal, deseño para todos e non discriminación.

“Desde o Concello débense corrixir estas situacións para cumprir coa legalidade e avanzar cara a unha sociedade verdadeiramente inclusiva onde non se poña en risco a integridade física de ningún veciño”, conclúe o escrito instando ao Goberno local.

Con este paso, o veciño confía en que os servizos técnicos municipais procedan á inspección e subsanación dos puntos críticos sinalados, garantindo un tránsito seguro para tódolos cidadáns.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas