A Xunta destinará 60.000 euros á construción dun parque canino en Cubeliños, en Ribeira

A Xunta anunciou que vai destinar máis de 60.000 euros á construción dun parque canino en Ribeira, localizado no lugar de Cubeliños e que “grazas a este investimento permitirá dotar o municipio dun espazo seguro, funcional e adaptado ás necesidades actuais dos animais de compañía e das súas familias”. Así o acordaron na mañá deste […]
O artigo A Xunta destinará 60.000 euros á construción dun parque canino en Cubeliños, en Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. A Xunta anunciou que vai destinar máis de 60.000 euros á construción dun parque canino en Ribeira, localizado no lugar de Cubeliños e que “grazas a este investimento permitirá dotar o municipio dun espazo seguro, funcional e adaptado ás necesidades actuais dos animais de compañía e das súas familias”. Así o acordaron na mañá deste
O artigo A Xunta destinará 60.000 euros á construción dun parque canino en Cubeliños, en Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.  

A Xunta anunciou que vai destinar máis de 60.000 euros á construción dun parque canino en Ribeira, localizado no lugar de Cubeliños e que “grazas a este investimento permitirá dotar o municipio dun espazo seguro, funcional e adaptado ás necesidades actuais dos animais de compañía e das súas familias”.

Así o acordaron na mañá deste mércores 22 de xullo a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e a alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, que asinaron o protocolo de colaboración en virtude do cal ambas administracións se comprometen a executar a construción total do parque canino.

Nesta liña, o departamento autonómico asumirá o custo íntegro da actuación e encargarase de licitar e executar os traballos, mentres que o Concello porá á disposición e libres de cargas os terreos necesarios para acometer as obras de construción previstas, ademais de facerse cargo do posterior mantemento e conservación das instalacións, unha vez rematada a intervención.

En canto ás características do futuro parque, que contará cunha superficie de 1.950 metros cadrados, construiranse portas de dobre acceso, fontes de auga adaptadas para cans, papeleiras e dispensadores de bolsas hixiénicas e bancos para as persoas usuarias. Ademais, será un espazo amplo para o paseo e a socialización dos animais con vexetación, zonas de sombra, boa iluminación e unha área de xogo con obstáculos e ramplas para favorecer o exercicio.

Neste sentido, Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, salientou “a importancia cada vez maior que ten para a cidadanía poder dispoñer nos seus propios municipios deste tipo de espazos dotacionais, ben equipados, amplos e deseñados para favorecer o exercicio, o xogo e a socialización dos seus animais de compañía, con liberdade e sen necesidade de correas ou bozos”.

Para cubrir estas necesidades, lembrou que o ano pasado o seu departamento puxo en marcha unha iniciativa para promover da man dos concellos a construción de parques caninos nas grandes cidades galegas, que concentran máis do 20% dos case 740.000 cans inscritos no Rexistro galego de identificación de animais de compañía (REGIAC).

Tras salientar que ata o momento a Xunta xa asinou protocolos de colaboración cos concellos de Ferrol, Ourense, Pontevedra e Lugo con este fin, a responsábel autonómica explicou “que o acordo con Ribeira enmárcase nunha nova fase da iniciativa, aberta tamén agora a municipios de menor tamaño e igualmente comprometidos co benestar dos animais de compañía, á que xa se uniu o concello coruñés de Oroso”.

Ao respecto, explicou que Ribeira -con 7.323 cans inscritos no REGIAC, é dicir, 1,35 cans por cada 5 veciños- foi un dos primeiros concellos en amosar formalmente o seu interese en participar no programa e hoxe convértese no sexto municipio galego que acada o compromiso de colaboración da Xunta neste eido.

Lembrou que “ademais de seguir impulsando a mellora ou creación de parques caninos da man dos concellos, en 2026 a Xunta tamén dará outro paso importante en materia de benestar animal”. Así, nos vindeiros meses comezarán as obras do Centro de Protección Animal de Galicia, en Curtis, o primeiro de carácter autonómico e baixo a titularidade do Goberno galego, que terá un custo de 4,5 millóns de euros e dará servizo a uns 500 animais.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas