A mostra EmpoderArte de Ribeira recibe a visita do Centro de Día da Pobra do Caramiñal

Un grupo de persoas usuarias do Centro de Día da A Pobra do Caramiñal visitou esta semana a terceira edición da exposición EmpoderArte, que se exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira, ata o vindeiro 25 de abril. Durante a súa estadía nas instalacións culturais, o grupo estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Ana […]
O artigo A mostra EmpoderArte de Ribeira recibe a visita do Centro de Día da Pobra do Caramiñal publicouse primeiro en O Barbanza. Un grupo de persoas usuarias do Centro de Día da A Pobra do Caramiñal visitou esta semana a terceira edición da exposición EmpoderArte, que se exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira, ata o vindeiro 25 de abril. Durante a súa estadía nas instalacións culturais, o grupo estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Ana
O artigo A mostra EmpoderArte de Ribeira recibe a visita do Centro de Día da Pobra do Caramiñal publicouse primeiro en O Barbanza.  

Un grupo de persoas usuarias do Centro de Día da A Pobra do Caramiñal visitou esta semana a terceira edición da exposición EmpoderArte, que se exhibe no Centro Cultural Lustres Rivas, en Ribeira, ata o vindeiro 25 de abril.

Durante a súa estadía nas instalacións culturais, o grupo estivo acompañado pola concelleira de Cultura, Ana Barreiro, quen participou na visita para dar a coñecer o traballo das 46 artistas participantes. A exposición reúne tanto creadoras noveis como consagradas, procedentes de Ribeira, da súa contorna e doutros puntos de Galicia, todas elas cunha vinculación estreita coa localidade.

Desde a organización destacan que as visitas grupais se adaptan ao perfil das persoas asistentes, facilitando así unha experiencia máis accesible e enriquecedora. Neste sentido, en días pasados tamén participou un grupo da asociación Agadea de Ribeira.

A mostra EmpoderArte caracterízase polo seu carácter colectivo e pola ampla variedade de disciplinas representadas, entre as que se inclúen pintura, debuxo, gravado, artesanía, fotografía, escultura e outras expresións artísticas contemporáneas.

As visitas poden realizarse de luns a venres en horario de 10.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas, mentres que os sábados permanece aberta de 10.00 a 14.00 horas.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas