Este 23 de xullo foron recibidos no Salón de Plenos do Concello de Rianxo os nenos e nenas saharauís acollidos por familias rianxeiras no marco do programa Vacacións en Paz de SOGAPS. Grazas a este programa de acollemento temporal impulsado pola entidade galega Solidariedade co Pobo Saharauí en colaboración con concellos coma o de Rianxo, […]
O artigo A rapazada saharauí que pasa o verán en Rianxo foi recibida no Concello publicouse primeiro en O Barbanza. Este 23 de xullo foron recibidos no Salón de Plenos do Concello de Rianxo os nenos e nenas saharauís acollidos por familias rianxeiras no marco do programa Vacacións en Paz de SOGAPS. Grazas a este programa de acollemento temporal impulsado pola entidade galega Solidariedade co Pobo Saharauí en colaboración con concellos coma o de Rianxo,
O artigo A rapazada saharauí que pasa o verán en Rianxo foi recibida no Concello publicouse primeiro en O Barbanza.
Este 23 de xullo foron recibidos no Salón de Plenos do Concello de Rianxo os nenos e nenas saharauís acollidos por familias rianxeiras no marco do programa Vacacións en Paz de SOGAPS. Grazas a este programa de acollemento temporal impulsado pola entidade galega Solidariedade co Pobo Saharauí en colaboración con concellos coma o de Rianxo, estes rapaces e rapazas pasan unhas semanas en Galicia evitando as altas temperaturas dos campos de refuxiados do deserto e para revisións médicas.
O alcalde Julián Bustelo fixo saber que “nos últimos anos non deixou de parar o número de persoas refuxiadas no mundo, persoas que teñen que deixar as súas casas a consecuencia das guerras, a fame e a crise climática; e no caso do pobo saharaui esta situación vense dando dende fai décadas polo incumprimento dos ditames da propia ONU sobre o seu futuro”.
E engadiu: “Agardo que axiña o Sáhara sexa libre para que estes nenos e nenas poidan desfrutar dunha vida plena no seu país”.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
