A concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, e a técnica do Museo Valle-Inclán, Sara Barbanzán, presentaron na mañá deste xoves 23 de xullo o programa Verbas no Maxín, un ciclo de estío de teatro, música e títeres ao aire libre que se desenvolverá entre os meses de xullo e setembro para conmemorar […]
O artigo Verbas no Maxín conmemora o 50 aniversario da declaración da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional publicouse primeiro en O Barbanza. A concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, e a técnica do Museo Valle-Inclán, Sara Barbanzán, presentaron na mañá deste xoves 23 de xullo o programa Verbas no Maxín, un ciclo de estío de teatro, música e títeres ao aire libre que se desenvolverá entre os meses de xullo e setembro para conmemorar
O artigo Verbas no Maxín conmemora o 50 aniversario da declaración da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional publicouse primeiro en O Barbanza.

A concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, e a técnica do Museo Valle-Inclán, Sara Barbanzán, presentaron na mañá deste xoves 23 de xullo o programa Verbas no Maxín, un ciclo de estío de teatro, música e títeres ao aire libre que se desenvolverá entre os meses de xullo e setembro para conmemorar o 50 aniversario da declaración da Torre de Bermúdez como Monumento Nacional.
Durante a presentación, Patricia Lojo explicou que esta iniciativa nace “cun obxectivo moi claro: abrir aínda máis o museo á cidadanía e achegalo a novos públicos, especialmente a aquelas persoas que non teñen o costume de visitar este tipo de espazos”.
A concelleira sinalou que se trata dun programa de actividades escénicas que se desenvolverán en diferentes espazos públicos, “buscando que a cultura saia ao encontro da xente e que o museo continúe sendo un lugar vivo, dinámico e aberto”.
Así mesmo, destacou que esta programación contribuirá a dar máis visibilidade ao Museo Valle-Inclán e ao importante traballo que se desenvolve nel, reforzando a súa presenza nos medios de comunicación, nas redes sociais e mediante a difusión que se realizará desde a Área de Cultura.
Tres propostas para o verán
O ciclo comezará o venres 24 de xullo, ás 12.30 horas, co roteiro teatralizado Los blasones de Viana del Prior. Visita dramatizada en A Pobra por los mundos de Valle-Inclán, a cargo do actor e guionista Suso Martínez. O punto de encontro será o Cantón da Leña.
A segunda cita celebrarase o sábado 22 de agosto, ás 12.30 horas, coa representación de A cabeza do dragón, da compañía Títeres Cachirulo, unha farsa infantil de Valle-Inclán con monicreques de Carmen Domech e dirección de Jorge Rey. A actividade desenvolverase na Alameda Xardíns de Valle-Inclán.
O ciclo rematará o sábado 12 de setembro, ás 12.30 horas, co roteiro teatralizado Tourné: A vila na que pariu marabillas. Espazos Valleinclanianos, da compañía Teatro En Punto (TEP). A proposta contará coa dirección de Gloria Rico Galán, coa participación das actrices Gloria Rico e Nuria Sanz e coa música en directo de Sabela Dacal. O punto de encontro será a Alameda Xardíns de Valle-Inclán.
Para rematar, Patricia Lojo agradeceu a todas as persoas que fan posible esta programación e convidou á veciñanza e tamén a quen visite A Pobra durante estas semanas a participar e gozar destas propostas culturais, amosándose convencida de que terán unha excelente acollida.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
