A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade confirma oficialmente a celebración da XII Carreira pola Diversidade, que terá lugar o próximo domingo 10 de maio ás 10:00 h na explanada de Coroso, en Ribeira. O evento, sinalou Ambar, “consolídase como un referente de convivencia e inclusión, máis alá do estritamente deportivo”. A gran novidade desta […]
O artigo A XII Carreira pola Diversidade de Ambar en Ribeira estreará unha modalidade lúdica para camiñar publicouse primeiro en O Barbanza. A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade confirma oficialmente a celebración da XII Carreira pola Diversidade, que terá lugar o próximo domingo 10 de maio ás 10:00 h na explanada de Coroso, en Ribeira. O evento, sinalou Ambar, “consolídase como un referente de convivencia e inclusión, máis alá do estritamente deportivo”. A gran novidade desta
O artigo A XII Carreira pola Diversidade de Ambar en Ribeira estreará unha modalidade lúdica para camiñar publicouse primeiro en O Barbanza.
A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade confirma oficialmente a celebración da XII Carreira pola Diversidade, que terá lugar o próximo domingo 10 de maio ás 10:00 h na explanada de Coroso, en Ribeira. O evento, sinalou Ambar, “consolídase como un referente de convivencia e inclusión, máis alá do estritamente deportivo”.

A gran novidade desta edición é o enfoque cara a unha “experiencia transformadora”. Nesta liña, Ambar introduce a Proba Lúdica (2,5 km), deseñada para aqueles que desexen gozar do percorrido camiñando, en familia ou coas súas mascotas, sen a presión do cronómetro pero con numerosas sorpresas e actividades durante o traxecto.
Modalidades e inscricións
O prazo de inscrición xa está aberto na web oficial de Cronotec e pecharase o 5 de maio. A cota de participación é de 7,50 €. Establecéronse as seguintes categorías:
-Modalidade Absoluta Mixta (5 km): Sub-18, Sénior e categorías Máster (1, 2 e 3).
-Modalidade Inclusiva (5 km):Zapatilla Inclusiva (diversidade intelectual, sensorial ou motriz), Handbike e Cadeira de atletismo.
-Modalidade Lúdica (2,5 km): Aberta a todas as idades e con opción de acudir con mascotas.
Para quen non poida asistir pero queira colaborar, existe a opción de participar a través do Dorsal 0.

Dende a organización técnica, Joserra Filgueira, responsábel da área de deporte, anunciou que, aínda que se manteñen as modalidades competitivas habituais, a gran sorpresa de este ano é a Proba Lúdica. “Trae actividades un pouco máis divertidas que se desvelarán o propio día”, sinalou, facendo un chamamento á participación masiva.
Pola súa banda, Jonatan Lijó, usuario de Ambar e integrante do equipo de running, compartiu a súa experiencia: “Prepararme foi un proceso difícil, pero pouco a pouco vaise facendo”. Lijó animou á cidadanía a participar cos seus fillos e mascotas, deixando no aire o misterio dunha sorpresa especial.
O obxectivo: Un ecosistema de vivendas inclusivas
Este ano, toda a recadación destinarase ao proxecto Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade. Esta iniciativa busca rehabilitar as antigas casas dos mestres en Praia Xardín (Boiro) para crear aloxamentos permanentes, temporais e de transición. Cun investimento próximo ao millón de euros, o obxectivo é que as persoas con diversidade poidan desenvolver a súa autonomía e escoller como queren vivir.
A presidenta de Ambar, Milagros Rey, destacou que os esforzos desta edición céntranse na rehabilitación dun edificio estratéxico: “O recadado este ano será para o proxecto das Vivendas de Ecosistema Inclusivo, onde as persoas con diversidade aprenden a desenvolver a súa vida diaria”. Subliñou que este recurso é unha “necesidade urxente” para que estas persoas acaden autonomía.
O concelleiro de Deportes, Álex Vidal, reafirmou o apoio total do Goberno local a unha asociación que define como un orgullo para o municipio. “Mellorar a vida das persoas, sexa cal sexa a súa diversidade, é o que debería mover o mundo”, afirmou Vidal.
Datos clave do evento
Evento: XII Carreira pola Diversidade.
Data: Domingo, 10 de maio de 2026.
Hora: 10:00 h.
Lugar: Explanada de Coroso, Ribeira.
Inscricións: Web de Cronotec (ata o 5 de maio).
Cota: 7,50 € (ou doazón vía Dorsal 0).

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
