A recente campaña de intriga promovida pola Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) espertou a curiosidade da veciñanza e converteuse nun dos temas de conversa da vila nos últimos días. A iniciativa incluíu o pegado de carteis dispostos en distintos puntos de Rianxo xerando unha pregunta que moitos intentaron responder: “O alcalde ten un segredo”. A […]
O artigo O 15 de xuño arranca o Pasaporte do Bo Rianxeiro (a ARE desvela “o segredo do alcalde”) publicouse primeiro en O Barbanza. A recente campaña de intriga promovida pola Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) espertou a curiosidade da veciñanza e converteuse nun dos temas de conversa da vila nos últimos días. A iniciativa incluíu o pegado de carteis dispostos en distintos puntos de Rianxo xerando unha pregunta que moitos intentaron responder: “O alcalde ten un segredo”. A
O artigo O 15 de xuño arranca o Pasaporte do Bo Rianxeiro (a ARE desvela “o segredo do alcalde”) publicouse primeiro en O Barbanza.
A recente campaña de intriga promovida pola Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) espertou a curiosidade da veciñanza e converteuse nun dos temas de conversa da vila nos últimos días. A iniciativa incluíu o pegado de carteis dispostos en distintos puntos de Rianxo xerando unha pregunta que moitos intentaron responder: “O alcalde ten un segredo”.

A iniciativa, impulsada pola Asociación Rianxeira de Empresas (ARE), deu lugar a numerosas especulacións entre a veciñanza e converteuse así nun tema de conversa habitual. A repercusión da campaña chegou incluso ás páxinas de La Voz de Galicia, onde tamén se recolleron algunhas das teorías que circulaban arredor do misterioso segredo.
Este venres 12 de xuño a incógnita quedou resolta, segundo confirmou a ARE. O segredo do alcalde era o lanzamento do Pasaporte do Bo Rianxeiro, unha nova campaña de dinamización comercial que dará comezo o próximo 15 de xuño.
A iniciativa convida á veciñanza a percorrer os establecementos participantes, conseguir selos coas súas compras e completar un pasaporte que lles permitirá entrar no sorteo dun escaparate de premios cedidos polos establecmentos participantes socios da ARE. A campaña nace coa intención de “incentivar o consumo nos negocios locais e reforzar o vínculo entre a cidadanía e o tecido comercial da vila”, confirmou a patronal rianxeira.
O desenlace da acción desvelouse a través dun vídeo publicado nas redes sociais protagonizado polo alcalde de Rianxo, no que se revela que o seu segredo era precisamente a creación deste pasaporte. Na peza, o rexedor afirma que “Rianxo necesitaba un pasaporte como Deus manda”, unha mensaxe que resume o espírito da campaña.
A estratexia de comunicación foi ideada por Carla Da Silva, publicista e responsable de
mercadotecnia da ARE, apostando por unha campaña baseada na intriga para captar a atención da veciñanza antes da presentación da iniciativa.
Dende a Asociación Rianxeira de Empresas destacan que o Pasaporte do Bo Rianxeiro pretende “converter o apoio ao comercio local nunha experiencia participativa e divertida, ao tempo que reivindica o papel fundamental que desempeñan os negocios da vila na súa vida económica e social”.
O Pasaporte do Bo Rianxeiro estará dispoñíbel a partir do 15 de xuño nos establecementos adheridos á campaña. “Porque ser un bo rianxeiro tamén é apostar polos negocios da túa vila”, indica a ARE.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
