Julián Bustelo prepara unha xira de encontros veciñais polo concello rianxeiro (haberá 12 sesións)

O Goberno local de Rianxo comeza este mes de maio un intenso programa de xuntanzas veciñais nas parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as demandas e as queixas da veciñanza e tomar nota das súas propostas. O vindeiro martes 5 de maio, en Taragoña, iníciase unha xira de 12 encontros que rematará o […]
O artigo Julián Bustelo prepara unha xira de encontros veciñais polo concello rianxeiro (haberá 12 sesións) publicouse primeiro en O Barbanza. O Goberno local de Rianxo comeza este mes de maio un intenso programa de xuntanzas veciñais nas parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as demandas e as queixas da veciñanza e tomar nota das súas propostas. O vindeiro martes 5 de maio, en Taragoña, iníciase unha xira de 12 encontros que rematará o
O artigo Julián Bustelo prepara unha xira de encontros veciñais polo concello rianxeiro (haberá 12 sesións) publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Goberno local de Rianxo comeza este mes de maio un intenso programa de xuntanzas veciñais nas parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as demandas e as queixas da veciñanza e tomar nota das súas propostas.

O vindeiro martes 5 de maio, en Taragoña, iníciase unha xira de 12 encontros que rematará o 17 de xuño en Rianxiño.

As primeiras citas serán en Taragoña (o 5 de maio ás 20.00 horas no Centro Cultural) e máis en Burés (o 7 de maio ás 20.00 horas na antiga escola de Burés).

Segundo explicou o alcalde, Julián Bustelo, “no Concello de Rianxo entendemos que esta é unha boa maneira de facer política e para min un pracer ter a oportunidade de celebrar estes encontros para falar do presente e do futuro do noso municipio”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas