Amicos participa no encontro final do proxecto europeo MUSE -Musicarterapia en Roma

A asociación Amicos participou os días 11 e 12 de xuño en Roma no encontro transnacional final do proxecto europeo MUSE – MusicArtTherapy to Strengthen Employability of Young Musicians and Caregivers, unha iniciativa financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea que busca reforzar a empregabilidade de músicos e profesionais vinculados ao ámbito dos coidados a […]
O artigo Amicos participa no encontro final do proxecto europeo MUSE -Musicarterapia en Roma publicouse primeiro en O Barbanza. A asociación Amicos participou os días 11 e 12 de xuño en Roma no encontro transnacional final do proxecto europeo MUSE – MusicArtTherapy to Strengthen Employability of Young Musicians and Caregivers, unha iniciativa financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea que busca reforzar a empregabilidade de músicos e profesionais vinculados ao ámbito dos coidados a
O artigo Amicos participa no encontro final do proxecto europeo MUSE -Musicarterapia en Roma publicouse primeiro en O Barbanza.  

A asociación Amicos participou os días 11 e 12 de xuño en Roma no encontro transnacional final do proxecto europeo MUSE – MusicArtTherapy to Strengthen Employability of Young Musicians and Caregivers, unha iniciativa financiada polo programa Erasmus+ da Unión Europea que busca reforzar a empregabilidade de músicos e profesionais vinculados ao ámbito dos coidados a través da arte, a música e a comunicación.

A reunión celebrouse na sede da Università Popolare di MusicArTerapia – Metodo Stefania Guerra Lisi, entidade socia do proxecto e responsábel da formación especializada desenvolvida durante a iniciativa. Xunto a ela, tamén participa a Cooperativa Umanista Mazra, conformando un consorcio internacional coordinado por Amicos.

En representación da entidade boirense asistiron Sara Mejuto, técnica de proxectos europeos, e Sara Albitres, profesora do CEEPR Amicos, que participaron nas distintas sesións de traballo destinadas a analizar os resultados acadados, revisar a documentación final e avaliar o impacto das accións desenvolvidas ao longo dos últimos meses.

Durante as xornadas realizouse un balance global do proxecto, abordando cuestións relacionadas coa execución das actividades, os procesos de avaliación, as accións de comunicación e difusión, así como as posibilidades de continuidade e transferencia dos resultados a novos contextos educativos, sociais e profesionais.Un dos aspectos centrais da reunión foi a análise do curso formativo desenvolvido pola Università Popolare di MusicArTerapia – Metodo
Stefania Guerra Lisi, baseado na metodoloxía MusicArtTherapy in the Globality of Languages, creada pola especialista italiana do mesmo nome.

Así, esta formación permitiu a músicos e profesionais do ámbito dos coidados adquirir novas ferramentas expresivas, comunicativas e relacionais para o acompañamento de persoas con discapacidade e outros colectivos con necesidades de apoio. A través desta metodoloxía, o proxecto promoveu unha visión innovadora da intervención social e educativa, utilizando a música, o movemento, a expresión corporal e a creatividade como elementos facilitadores da comunicación, a inclusión e o desenvolvemento persoal.

Este proxecto buscou destacar o potencial da musicarterapia como ferramenta para mellorar a empregabilidade, ampliar competencias profesionais e favorecer a creación de novos perfís especializados nos ámbitos do coidado e da intervención social.

Desde Amicos valoran moi positivamente a experiencia e destacan a importancia dos proxectos europeos como espazos de intercambio de coñecemento, innovación e cooperación internacional. Neste sentido, a entidade subliña que iniciativas como MUSE permiten incorporar novas metodoloxías e enfoques que enriquecen os apoios ofrecidos ás persoas con discapacidade e contribúen á construción dunha sociedade máis inclusiva.

Co encontro de Roma péchase unha etapa clave do proxecto, consolidando os resultados acadados e culminando un proceso de colaboración internacional que permitiu conectar formación, arte, inclusión e empregabilidade baixo unha mesma iniciativa.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas