A parroquia ribeirense de Carreira está de celebración do 50º aniversario do seu club de fútbol que concentrará toda a súa actividade festiva durante a fin de semana. Na presentación estiveron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; o seu homólogo de Medio Ambiente, Víctor Reiriz; e membros da directiva do club. Baixo o lema 50 […]
O artigo O Club de Fútbol Carreira homenaxea o seu 50º aniversario cunha serie de actos na fin de semana publicouse primeiro en O Barbanza. A parroquia ribeirense de Carreira está de celebración do 50º aniversario do seu club de fútbol que concentrará toda a súa actividade festiva durante a fin de semana. Na presentación estiveron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; o seu homólogo de Medio Ambiente, Víctor Reiriz; e membros da directiva do club. Baixo o lema 50
O artigo O Club de Fútbol Carreira homenaxea o seu 50º aniversario cunha serie de actos na fin de semana publicouse primeiro en O Barbanza.
A parroquia ribeirense de Carreira está de celebración do 50º aniversario do seu club de fútbol que concentrará toda a súa actividade festiva durante a fin de semana. Na presentación estiveron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal; o seu homólogo de Medio Ambiente, Víctor Reiriz; e membros da directiva do club.

Baixo o lema 50 anos de historia, unha mesma paixón, no sábado, 4 de xullo, farán unha cea-baile no restaurante Baiuca, ás 21.00 horas. Xa hai 130 comensais anotados e o prazo de inscrición ampliouse ata esta semana nas oficinas do club, de 18.30 a 20.00 horas. Xa no domingo, 5 de xullo, oficiarase unha misa na capela da Guía, ás 11.00 horas, en memoria dos directivos, xogadores e socios da entidade deportiva para, ás 12.30 horas, asistir á sesión vermú amenizada por un grupo musical, no campo da festa.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
