O Concello de Ribeira mellora a terraza e climatización do Mercado Municipal

O Concello de Ribeira informou dunha importante mellora na terra e no equipamento de climatización do Mercado Municipal, que, como lembraremos, conta co selo de Mercado Excelente. O investimento total destas dúas intervencións (terraza e infraestrutura de climatización) sitúase nos 142.572,41 euros, financiados en parte cunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da […]
O artigo O Concello de Ribeira mellora a terraza e climatización do Mercado Municipal publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Ribeira informou dunha importante mellora na terra e no equipamento de climatización do Mercado Municipal, que, como lembraremos, conta co selo de Mercado Excelente. O investimento total destas dúas intervencións (terraza e infraestrutura de climatización) sitúase nos 142.572,41 euros, financiados en parte cunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da
O artigo O Concello de Ribeira mellora a terraza e climatización do Mercado Municipal publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Ribeira informou dunha importante mellora na terra e no equipamento de climatización do Mercado Municipal, que, como lembraremos, conta co selo de Mercado Excelente. O investimento total destas dúas intervencións (terraza e infraestrutura de climatización) sitúase nos 142.572,41 euros, financiados en parte cunha subvención da Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia.

En consecuencia, a Administración local efectuou a retirada da tarima existente e colocou un novo chan técnico exterior impermeábel, ademais do acondicionamento das paredes e bancos de madeira; unhas obras a cargo de Serdeco Contratas, S.L. por un importe de 36.094,30 euros, IVE incluído.

Actualmente tamén se acometen traballos de mantemento correctivo e reposición de equipos co fin de asegurar o correcto servizo de climatización do edificio, sen modificar a configuración xeral da instalación existente; todo isto da man de Montaxes Eléctricas Noroeste S.L. por 106.478,11 euros, con impostos, unhas tarefas que rematarán en vindeiras datas, segundo confirmou o Concello.

“Seguimos traballando para que praceiros e clientes gocen dunhas mellores prestacións nesta praza de abastos que, meses atrás, recibiu o selo de Mercado Excelente. A mellora da terraza está pensada de cara o verán para funcionar xa a pleno rendemento, mentres que a optimización da climatización xa se poderá desfrutar nesta época. A maiores, nos pasados meses tomamos medidas na iluminación perimetral e das escaleiras, así como o pintado da fachada; todo isto tamén enmarcado na subvención da Xunta”, tal e como apunta o concelleiro de Mercados, Vicente Mariño.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas