A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira, Ana Barreiro, reuníronse este luns 20 de xullo con representantes da Sociedade Española de Obesidade (SEEDO) para avanzar na organización do primeiro curso de Investigación Traslacional en Obesidade: do laboratorio á práctica clínica a impartirno municipio a primeiros de setembro. Xunto a Ana B. Crujeiras, Luisa […]
O artigo O Concello de Ribeira traballa na realización do primeiro curso de Investigación Traslacional en Obesidade publicouse primeiro en O Barbanza. A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira, Ana Barreiro, reuníronse este luns 20 de xullo con representantes da Sociedade Española de Obesidade (SEEDO) para avanzar na organización do primeiro curso de Investigación Traslacional en Obesidade: do laboratorio á práctica clínica a impartirno municipio a primeiros de setembro. Xunto a Ana B. Crujeiras, Luisa
O artigo O Concello de Ribeira traballa na realización do primeiro curso de Investigación Traslacional en Obesidade publicouse primeiro en O Barbanza.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira, Ana Barreiro, reuníronse este luns 20 de xullo con representantes da Sociedade Española de Obesidade (SEEDO) para avanzar na organización do primeiro curso de Investigación Traslacional en Obesidade: do laboratorio á práctica clínica a impartir
no municipio a primeiros de setembro.
Xunto a Ana B. Crujeiras, Luisa M. Seoane, Sulay Tovar e María Pardo, no nome do grupo de traballo de Investigación Traslacional en Obesidade, estiveron ultimando a programación a desenvolver en dúas xornadas nas que se contará con especialistas na materia e que se desvelará nas vindeiras semanas.
Esta cita está dirixida principalmente a profesionais da saúde e pon o foco en como a obesidade se foi consolidando como unha enfermidade crónica multifactorial con implicacións metabólicas, cardiovasculares e sociais. Este encontro xorde para afondar na necesidade de trasladar de maneira eficiente os avances dos últimos anos á práctica clínica diaria.
“Unha boa parte da poboación padece obesidade en diferentes graos e cremos que se debe dar apoio das administracións públicas a tódalas iniciativas que permitan coñecer máis sobre esta enfermidade e que todo o coñecemento extraído da investigación se leve á práctica, redundando positivamente na calidade de vida dos pacientes. De aí que o Concello de Ribeira apoie a realización desta acción formativa para profesionais clínicos e investigadores”, declarou a rexedora.
Este curso permitirá comprender os mecanismos biolóxicos emerxentes da obesidade, interpretar a investigación traslacional recente e aplicar novas ferramentas terapéuticas e diagnósticas na súa práctica clínica. Preténdese, en consecuencia, reducir a brecha entre o laboratorio e a consulta, fomentando un manexo da obesidade baseado na evidencia e na innovación biomédica.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
