A pianista boirense Elsa Muñiz, seleccionada para representar a España en Nova York por Sounds from Spain e ICEX

A pianista boirense Elsa Muñiz continúa impulsando a proxección de Pianotelling, o seu singular formato escénico. Despois de ofrecer senllos concertos, o 4 de xullo no Espazo Cuve de Ponte Caldelas e o 11 de xullo no Auditori Barradas de L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona), agora prepárase para viaxar a Nova York para participar na Latin […]
O artigo A pianista boirense Elsa Muñiz, seleccionada para representar a España en Nova York por Sounds from Spain e ICEX publicouse primeiro en O Barbanza. A pianista boirense Elsa Muñiz continúa impulsando a proxección de Pianotelling, o seu singular formato escénico. Despois de ofrecer senllos concertos, o 4 de xullo no Espazo Cuve de Ponte Caldelas e o 11 de xullo no Auditori Barradas de L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona), agora prepárase para viaxar a Nova York para participar na Latin
O artigo A pianista boirense Elsa Muñiz, seleccionada para representar a España en Nova York por Sounds from Spain e ICEX publicouse primeiro en O Barbanza.  

A pianista boirense Elsa Muñiz continúa impulsando a proxección de Pianotelling, o seu singular formato escénico. Despois de ofrecer senllos concertos, o 4 de xullo no Espazo Cuve de Ponte Caldelas e o 11 de xullo no Auditori Barradas de L’Hospitalet de Llobregat (Barcelona), agora prepárase para viaxar a Nova York para participar na Latin Alternative Music Conference (LAMC) 2026, que se celebrará nesta cidade do 28 de xullo ao 1 de agosto.

Tras ser seleccionada por Sounds from Spain e ICEX España Exportación e Investimentos para participar neste encontro -(un dos principais acontecementos internacionais dedicados á industria musical latina e iberoamericana) a artista participará no programa profesional da LAMC, onde manterá encontros con programadores, festivais, institucións culturais, axencias e profesionais do sector co obxectivo de abrir novas vías de colaboración e fortalecer a presenza internacional de Pianotelling, un proxecto que supera os 4 millóns de reproducións e segue a medrar (de feito, asúa música supera actualmente os 4 millóns de reproducións acumuladas en plataformas dixitais e conta con miles de oíntes mensuais en Spotify).

Durante o último ano, a artista levou Pianotelling a diferentes escenarios de España, consolidando unha proposta que rompe co concepto tradicional de concerto instrumental para crear unha experiencia artística baseada na conexión entre música, palabra e imaxe.

Desde a publicación de New Beginnings, o seu segundo libro-disco, o proxecto continuou evolucionando tanto no ámbito creativo como profesional, ampliando o seu alcance e chegando a novos públicos.

Para quen non o saiba Pianotelling é un formato escénico creado por Elsa Muñiz que une composicións orixinais para piano, relatos e imaxes para construír unha experiencia artística onde cada peza nace dunha historia real.

Lonxe do concerto tradicional, o espectáculo propón un percorrido emocional no que música e palabra dialogan de continuo, “convertendo o piano nunha ferramenta capaz de narrar emocións, recordos e experiencias compartidas”, sinala a pianista boirense.

Desde o seu nacemento en 2018 co álbum Memories, o proxecto foi incorporando novas disciplinas como a literatura, os caligramas e a creación audiovisual ata converterse no formato que presenta actualmente.

Para Elsa Muñiz, este verán representa o inicio dunha nova etapa: “A música sempre foi a miña maneira de contar historias. Poder compartir agora este proxecto por primeira vez en Barcelona e, uns días despois, presentalo nun encontro internacional como a LAMC supón un paso moi importante para seguir facendo crecer este soño”, engade.

Martes 28 de xullo – Sábado 1 de agosto

Latin Alternative Music Conference (LAMC)

Nova York (Estados Unidos)

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas