O Concello de Ribeira vai desenvolver o Programa Integrado de Emprego por cuarto ano consecutivo

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (Xunta) aprobou unha nova edición do Programa Integrado de Emprego impulsado polo Concello de Ribeira co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego de Ribeira e dos concellos da contorna, mediante accións de orientación, formación e intermediación laboral. […]
O artigo O Concello de Ribeira vai desenvolver o Programa Integrado de Emprego por cuarto ano consecutivo publicouse primeiro en O Barbanza. A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (Xunta) aprobou unha nova edición do Programa Integrado de Emprego impulsado polo Concello de Ribeira co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego de Ribeira e dos concellos da contorna, mediante accións de orientación, formación e intermediación laboral.
O artigo O Concello de Ribeira vai desenvolver o Programa Integrado de Emprego por cuarto ano consecutivo publicouse primeiro en O Barbanza.  

Clausura do PIE de Ribeira na súa anterior convocatoria (en setembro deste mesmo ano)

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración (Xunta) aprobou unha nova edición do Programa Integrado de Emprego impulsado polo Concello de Ribeira co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade e as posibilidades de inserción laboral das persoas demandantes de emprego de Ribeira e dos concellos da contorna, mediante accións de orientación, formación e intermediación laboral.

Este programa subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, con fondos finalistas do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) vai dirixida a un total de 100 persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e residentes nos concellos de Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e O Porto do Son, ao longo de doce meses (de outubro de 2026 a outubro de 2027), cun compromiso de inserción laboral do 45%.

Todas as accións realizadas polas persoas participantes obterán unha bolsa de 10 euros por día de asistencia tanto para presenciais como en liña.

Destacar que o programa ofrecerá medidas de conciliación para favorecer a asistencia segundo as necesidades como adaptación de horarios e medios: combinarase a orientación presencial coa telefónica e intentarase adecuar o horario ás necesidades das persoas participantes. A formación realizarase preferentemente en horario de mañá (a poder ser coincidindo co horario escolar) e preferentemente en períodos lectivos escolares.

As persoas teñen que pertencer a algún destes grupos de persoas desempregadas: persoas con discapacidade; mulleres; persoas desempregadas de longa duración; migrantes; mulleres vítimas de violencia de xénero; maiores de 52 anos; menores de 30 anos;perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego; ou persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores.

Todas elas deberán estar inscritas como demandantes de emprego.

Este programa impartirase no Viveiro de Empresas seguindo unha metodoloxía que combina a parte expositiva coas dinámicas de grupo, buscando adaptarse ás necesidades das persoas e utilizando as novas tecnoloxías para favorecer a comunicación e a redución da fenda dixital, así como o desenvolvemento de habilidades para a busca de emprego.

As especialidades a impartir son aplicacións de fundamentos básicos de cociña; limpeza e hixienización; seguridade informática e sinatura dixital; venda en peixaría, froitería e carnicería e chacinaría; ofimática; organización de almacén; uso de recursos dixitais no ámbito laboral; manexo de carretillas elevadoras; caixa e reposición; ou manipulación de alimentos, entre outros.

Tamén se ensinarán a escoita activa, empatía e asertividade; dereitos e deberes laborais; habilidades sociais; técnicas de busca de emprego; igualdade entre mulleres e homes, conciliación e corresponsabilidade familiar e doméstica; e prevención de riscos laborais. Para máis información enviar mensaxe ou chamar ao número 669 150 809.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas