Os Bombeiros de Ribeira atopan morta no seu domicilio a unha muller de idade avanzada que non respondía ás chamadas da súa filla

Os Bombeiros de Ribeira, Protección Civil (GAEM) e a Policía Local colaboraron este mércores 4 de novembro nun dispositivo na avenida da Coruña, en Santa Uxía, para a apertura dunha vivenda na que residía unha muller de idade avanzada da que non se sabía nada dende había varios días. A muller, por desgraza, foi atopada […]
O artigo Os Bombeiros de Ribeira atopan morta no seu domicilio a unha muller de idade avanzada que non respondía ás chamadas da súa filla publicouse primeiro en O Barbanza. Os Bombeiros de Ribeira, Protección Civil (GAEM) e a Policía Local colaboraron este mércores 4 de novembro nun dispositivo na avenida da Coruña, en Santa Uxía, para a apertura dunha vivenda na que residía unha muller de idade avanzada da que non se sabía nada dende había varios días. A muller, por desgraza, foi atopada
O artigo Os Bombeiros de Ribeira atopan morta no seu domicilio a unha muller de idade avanzada que non respondía ás chamadas da súa filla publicouse primeiro en O Barbanza.  

Os Bombeiros de Ribeira, Protección Civil (GAEM) e a Policía Local colaboraron este mércores 4 de novembro nun dispositivo na avenida da Coruña, en Santa Uxía, para a apertura dunha vivenda na que residía unha muller de idade avanzada da que non se sabía nada dende había varios días.

A muller, por desgraza, foi atopada finalmente sen vida logo de que os servizos de emerxencias recibiran unha chamada da súa filla, residente en Madrid, advertindo da imposibilidade de comunicarse telefonicamente coa súa nai.

No dispositivo tamén colaborou a Policía Nacional. Os axentes non rexistraron indicios de criminalidade.

Os bombeiros accederon á propiedade por unha xanela do patio de luces, xa que a porta principal tiña pechadura de seguridade. En datas recentes os bombeiros tamén tiveron que entrar na vivenda logo de que a muller rompese a cadeira e foran advertidos a distancia pola súa filla.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas