O Goberno de Ribeira defende o seu “apoio innegable” á Festa da Dorna e rexeita as acusacións de “asfixia”

O Executivo local destaca a achega nominativa de 80.000 euros, o seu rol como mediador con Portos de Galicia e anuncia unha xuntanza para solucionar a cuestión das facturas O Concello de Ribeira saíu ao paso das críticas da Real e Ilustre Confraría da Dorna e dos grupos da oposición rexeitando de forma “rotunda” as […]
O artigo O Goberno de Ribeira defende o seu “apoio innegable” á Festa da Dorna e rexeita as acusacións de “asfixia” publicouse primeiro en O Barbanza. O Executivo local destaca a achega nominativa de 80.000 euros, o seu rol como mediador con Portos de Galicia e anuncia unha xuntanza para solucionar a cuestión das facturas O Concello de Ribeira saíu ao paso das críticas da Real e Ilustre Confraría da Dorna e dos grupos da oposición rexeitando de forma “rotunda” as
O artigo O Goberno de Ribeira defende o seu “apoio innegable” á Festa da Dorna e rexeita as acusacións de “asfixia” publicouse primeiro en O Barbanza.  

Precisamente o executivo confirmou a semana pasada á directiva da R. e I. que a factura fora subsanada e tendelle a man de ter unha reunión ao longo desta para tratar o tema polo miúdo entre tódalas partes, que todas teñan oportunidade de expresarse e chegar a un entendemento.

O Concello de Ribeira saíu ao paso das críticas rexeitando de forma rotunda as acusacións de «asfixia» cara á Festa da Dorna. Dende o goberno municipal subliñan que o seu respaldo á celebración «é innegable», proba do cal é a última subvención nominativa aprobada por valor de 80.000 euros para garantir unha nova edición do evento.

Dende o executivo local sinalan que «dicir o contrario é faltar á verdade», lembrando que unha festa da magnitude, implicación e tradición da Dorna nunca correrá o risco de desaparecer e que sempre contou co compromiso de todas as corporacións municipais.

Máis alá do eido económico, o goberno municipal destaca o seu papel activo como ponte e mediador entre a directiva da festa e Portos de Galicia, tendo en conta que boa parte das actividades do programa se desenvolven en terreos portuarios.

Respecto á polémica xerada polas facturas emitidas por Portos, o concello confirma que a cuestión xa foi subsanada a semana pasada coa directiva da Real e Ilustre Cofradía da Dorna (R. e I.). Ademais, adiántase a intención de tender a man para manter unha xuntanza ao longo destes días con todas as partes implicadas, co obxectivo de debater o asunto polo miúdo e acadar un entendemento común.

Sobre a ocupación da antiga lonxa —cuxa titularidade corresponde á Xunta de Galicia—, o concello lembra que xa se asinou a concesión administrativa para trasladar alí a reparación das redes, un traslado que polo de agora non se puido executar ao atoparse na nave a Confraría de Pescadores. Con todo, o goberno local avanza que avaliará a viabilidade de que ambas as actividades coexistan no mesmo espazo ou buscar unha alternativa que reúna os requisitos necesarios para que a Dorna poida desenvolver o seu labor.

Finalmente, o executivo municipal lamenta que se intente «terxiversar a realidade para xerar confrontación e sacar rédito político» nun asunto que, segundo apuntan, non pode empregarse como terreo para manobras partidistas.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas