A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) fixo un balance da actividade xerada pola súa campaña Pasaporte do Bo Rianxeiro, a unha semana de que remate a iniciativa. Segundo informou a ARE, os primeiros datos permiten facer “un balance moi positivo desta iniciativa de dinamización comercial, que está a rexistrar un elevado nivel de participación entre […]
O artigo O “Pasaporte do Bo Rianxeiro” supera os 4.000 documentos repartidos a unha semana do seu remate publicouse primeiro en O Barbanza. A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) fixo un balance da actividade xerada pola súa campaña Pasaporte do Bo Rianxeiro, a unha semana de que remate a iniciativa. Segundo informou a ARE, os primeiros datos permiten facer “un balance moi positivo desta iniciativa de dinamización comercial, que está a rexistrar un elevado nivel de participación entre
O artigo O “Pasaporte do Bo Rianxeiro” supera os 4.000 documentos repartidos a unha semana do seu remate publicouse primeiro en O Barbanza.
A Asociación Rianxeira de Empresas (ARE) fixo un balance da actividade xerada pola súa campaña Pasaporte do Bo Rianxeiro, a unha semana de que remate a iniciativa. Segundo informou a ARE, os primeiros datos permiten facer “un balance moi positivo desta iniciativa de dinamización comercial, que está a rexistrar un elevado nivel de participación entre a veciñanza”.

Ata o momento repartíronse máis de 4.000 pasaportes entre os establecementos participantes, “unha cifra que confirma a excelente acollida da campaña”, sinalou a ARE, engadindo a maiores que “varios negocios tiveron que solicitar unha segunda remesa de pasaportes ao esgotar rapidamente os exemplares iniciais, un indicador do interese que esta acción está a espertar entre os consumidores”.
Metodoloxía e premios
A ARE pon o foco na sinxeleza da metodoloxía empregada: realizar compras nos establecementos adheridos, conseguir cinco selos de cinco negocios diferentes e depositar o pasaporte completo na urna do último establecemento visitado para entrar no sorteo final.
O premio consiste nun gran escaparate de agasallos, formado integramente por produtos e experiencias cedidos polos propios comercios participantes. Entre eles destacan moda e complementos de marcas recoñecidas, lentes de sol, ferramentas, produtos de beleza e parafarmacia, artigos para o fogar, bolsos, colchas, lotes gourmet, botellas, vales de compra para gastar no comercio local, así como almorzos, comidas e ceas nos establecementos hostaleiros de Rianxo. “Estamos ante un escaparate que representa a diversidade, a calidade e a riqueza da oferta comercial e hostaleira do municipio”, salienta a ARE, que tamén destaca a innovadora estratexia de comunicación que acompañou a campaña dende antes do seu inicio, coa acción O alcalde ten un segredo, unha proposta que conseguiu converterse nun auténtico fenómeno de expectación: “Durante varios días, Rianxo e boa parte da comarca do Barbanza preguntábanse cal era ese segredo do alcalde. O misterio estendeuse polas rúas, os comercios, as redes sociais e os medios de comunicación, xerando unha importante conversa arredor da campaña antes mesmo da súa presentación oficial”, explica a ARE, lembrando que o desenlace chegou precisamente coa revelación do Pasaporte do Bo Rianxeiro, un lanzamento que acadou unha gran repercusión e que contribuíu a converter a iniciativa nun éxito desde o primeiro día.
Desde a Asociación Rianxeira de Empresas fan unha valoración “moi positiva” desta edición e destacan especialmente a implicación do tecido comercial local, “tanto pola súa participación activa na campaña como pola súa colaboración na creación do gran escaparate de premios”.

A ARE quixo trasladar o seu máis sincero agradecemento a todos os negocios participantes polo seu compromiso e implicación: “Grazas á súa colaboración é posíbel desenvolver campañas deste alcance, capaces de incentivar as compras de proximidade e de fortalecer o comercio local”.
A campaña permanecerá activa ata o 19 de xullo, polo que aínda quedan varios días para completar o pasaporte e participar no sorteo. O 22 de xullo celebrarase o sorteo na sede da Asociación Rianxeira de Empresas, onde se repartirán todos os premios cedidos polos comercios participantes.
Desde a ARE animan á veciñanza a aproveitar estes últimos días para seguir mercando no comercio local, completar o seu pasaporte e optar a un escaparate de premios que representa o mellor do comercio e da hostalaría rianxeira.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
