O Bloque Nacionalista Galego realizou este sábado 14 de novembro un reparto de material informativo nas rúas de Ribeira no marco da campaña das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro, co obxectivo de achegar á veciñanza as propostas da formación nacionalista e trasladar “a importancia de contar cunha voz galega propia nas Cortes Xerais”. […]
O artigo Os nacionalistas galegos destacan “a boa acollida” da súa campaña nas rúas de Ribeira cara ao 29N publicouse primeiro en O Barbanza. O Bloque Nacionalista Galego realizou este sábado 14 de novembro un reparto de material informativo nas rúas de Ribeira no marco da campaña das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro, co obxectivo de achegar á veciñanza as propostas da formación nacionalista e trasladar “a importancia de contar cunha voz galega propia nas Cortes Xerais”.
O artigo Os nacionalistas galegos destacan “a boa acollida” da súa campaña nas rúas de Ribeira cara ao 29N publicouse primeiro en O Barbanza.

O Bloque Nacionalista Galego realizou este sábado 14 de novembro un reparto de material informativo nas rúas de Ribeira no marco da campaña das eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro, co obxectivo de achegar á veciñanza as propostas da formación nacionalista e trasladar “a importancia de contar cunha voz galega propia nas Cortes Xerais”.
Segundo indicaron, “a xornada deixou moi boas sensacións entre as persoas participantes, que destacaron a receptividade e o interese amosado pola veciñanza”.
Numerosas persoas achegáronse para recoller información, conversar sobre a situación política e coñecer as propostas do BNG para estas eleccións.
Desde o BNG de Ribeira valoraron “moi positivamente” esta resposta e destacaron “a importancia do contacto directo coa cidadanía para explicar o traballo que a formación nacionalista desenvolve en Madrid e os compromisos que quere seguir defendendo”.
A campaña do Bloque pon o foco na necesidade “de que Galiza gañe peso político e capacidade de decisión no Estado, así como na defensa dos dereitos sociais, dos servizos públicos, do acceso á vivenda, dos salarios e das pensións dignas”. Neste senso, o BNG reivindicou en Ribeira “o papel dunha forza política propia, que non recibe instrucións de Madrid e que ten como única lealdade a defensa dos intereses de Galiza e da súa xente”.
En Santa Uxía, o BNG postulouse tamén como “a única forza que na Galiza pode frear ao bloque reaccionario”. E engadiron: “Todas as persoas que queren impedir unha involución social e democrática deben saber que a mellor maneira de facelo é concentrando o voto no BNG, porque só o BNG pode cubrir este triplo obxectivo: máis Galiza, máis dereitos sociais e vivenda pública e parar a dereita e a ultradereita”.
Neste sentido, a formación nacionalista anima a participar nas eleccións do 29 de novembro e a apostar polo “proxecto do Bloque, o partido da casa, que leva a voz de Galiza ás institucións e traballa para que o país teña máis forza á hora de defender os seus intereses”, sinalaron.
—
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
