O Centro Social de Abanqueiro vai acoller este venres 13 de novembro a representación teatral de ComedIA, unha función do grupo Píscore para público familiar. Será ás 20.00 horas con venta de entradas na billeteira do centro a partir das 19.00 horas. Trátase dunha proposta familiar que combina humor, música e unha viaxe polo universo […]
O artigo Píscore leva a Abanqueiro o seu espectáculo familiar <em>ComedIA</em> (este venres) publicouse primeiro en O Barbanza. O Centro Social de Abanqueiro vai acoller este venres 13 de novembro a representación teatral de ComedIA, unha función do grupo Píscore para público familiar. Será ás 20.00 horas con venta de entradas na billeteira do centro a partir das 19.00 horas. Trátase dunha proposta familiar que combina humor, música e unha viaxe polo universo
O artigo Píscore leva a Abanqueiro o seu espectáculo familiar <em>ComedIA</em> (este venres) publicouse primeiro en O Barbanza.

O Centro Social de Abanqueiro vai acoller este venres 13 de novembro a representación teatral de ComedIA, unha función do grupo Píscore para público familiar. Será ás 20.00 horas con venta de entradas na billeteira do centro a partir das 19.00 horas.
Trátase dunha proposta familiar que combina humor, música e unha viaxe polo universo da carreira espacial, as novas tecnoloxías e a intelixencia artificial.
Dirixida por Fran Rei, esta cuarta montaxe de creación propia da compañía explora algunhas das grandes incógnitas sobre o espazo. Por exemplo se chegaremos a habitar Marte, se hai vida noutros planetas ou como soaría a música máis alá da Vía Láctea.
En Comed[IA], o grupo Píscore mergúllase no universo da carreira espacial pasada, presente e futura, as novas tecnoloxías, a intelixencia artificial e todas as incógnitas que aínda nos agocha o espazo exterior.
Dirixida por Fran Rei, nesta cuarta montaxe de creación propia Píscore ofrécenos unha nova dose de humor e música, con gags trepidantes, referencias cinematrográficas, unha visión divertida da actualidade e novos instrumentos, como o theremin ou o otamatone. E todo isto con astronautas, extraterrestres, naves espaciais e o Universo de fondo.
Detrás está a dirección de Fran Rei e o elenco formado por Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas. Comede[IA] é a cuarta creación propia de Píscore, unha compañía galega que traballa o teatro, o humor e a música desde unha mirada contemporánea.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
