Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou hoxe na apertura da quinta edición de Gastromar, promovida pola Asociación de Empresarios, coa colaboración de varias entidades, entre elas, o Concello. A praza de España convértese do 20 ao 23 de agosto nun mercado culinario a ceo aberto onde degustar lirio, polbo, ameixas, navallas ou camaróns. Ademais, […]
O artigo Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar publicouse primeiro en O Barbanza. A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, participou hoxe na apertura da quinta edición de Gastromar, promovida pola Asociación de Empresarios, coa colaboración de varias entidades, entre elas, o Concello. A praza de España convértese do 20 ao 23 de agosto nun mercado culinario a ceo aberto onde degustar lirio, polbo, ameixas, navallas ou camaróns. Ademais,
O artigo Ribeira enxalza o produto do mar coa quinta edición de Gastromar publicouse primeiro en O Barbanza.  

A praza de España convértese do 20 ao 23 de agosto nun mercado culinario a ceo aberto onde degustar lirio, polbo, ameixas, navallas ou camaróns. Ademais, ofrécense exhibicións gastronómicas a cargo de cociñeiros de prestixio, así como obradoiros familiares. “Sen dúbida, agosto estanos deixando moi bo sabor de boca coa cantidade de citas gastronómicas axendadas no noso calendario: a Festa do Percebe, a Festa da Navalla, o Gastromar e na vindeira semana tamén a Festa do Polbo”, manifestou Sampedro. A rexedora felicitou á patronal polo seu dinamismo e fixo fincapé en que “enxalzar o produto do noso mar é enxalzar ao sector estratéxico por excelencia de Ribeira; é enxalzar aos nosos mariñeiros, mariscadoras, empresas pesqueiras… En definitiva, é poñer en valor a nosa identidade, quen somos”. A cita gastronómica prolongarase ata o vindeiro domingo, con quendas de mañá e noite, ofrecendo elaboracións tradicionais e propostas innovadoras baseadas en especies de proximidade como o lirio, a sardiña, o peixe espada, o polbo, as ameixas, as navallas ou o
camarón.

A iniciativa pretende actuar como un punto de encontro directo entre elaboradores e consumidores, permitindo non só adquirir produtos senón tamén coñecer a súa orixe, os procesos de control e o saber facer tradicional do medio rural galego. O recinto permanecerá aberto durante as tres xornadas en horario de 11:00 a 15:00 horas e de 18:00 a 22:00 horas.

Programación gastronómica e musical

A cita combinará venda, divulgación, catas comentadas e actuacións musicais ao longo de toda a fin de semana:

  • Venres 21: Arrancarán as dúas sesións de «Sabores do Mercado – Ponlles cara», con presentacións e degustacións de produtos acompañadas polo concerto de Leite con Jalletas.
  • Sábado 22: Celebrarase a actividade «De viños polo Mercado», centrada en viños singulares da IXP Terras do Navia e de produción ecolóxica, xunto coa proposta «After Praia: Doces & Tintos da Ribeira Sacra». A animación correrá a cargo de O Cego na Feira e Music Box. The Band.
  • Domingo 23: A última xornada incluirá a sesión «Café de Domingo con…» para degustar doces tradicionais, catas de viños con DOP Ribeiro e DO Rías Baixas, e o peche con «After Praia: Mesturas de verán», con cócteles de augardentes e licores tradicionais xunto a petiscos locais. A música correrá a cargo de Pulpiño Viascón e Loren Tevra.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas