A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, participou este sábado nun encontro con cooperativas galegas en A Coruña, centrado nos ámbitos dos coidados, a vivenda colaborativa e a intervención social. Entre as participantes estiveron “Enraizando, S. Coop. Galega”: intervención social, educativa e terapéutica con colectivos en exclusión e/ou con […]
O artigo Yolanda Díaz destaca en A Coruña o papel clave das cooperativas fronte ao reto da vivenda publicouse primeiro en O Barbanza. A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, participou este sábado nun encontro con cooperativas galegas en A Coruña, centrado nos ámbitos dos coidados, a vivenda colaborativa e a intervención social. Entre as participantes estiveron “Enraizando, S. Coop. Galega”: intervención social, educativa e terapéutica con colectivos en exclusión e/ou con
O artigo Yolanda Díaz destaca en A Coruña o papel clave das cooperativas fronte ao reto da vivenda publicouse primeiro en O Barbanza.
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, participou este sábado nun encontro con cooperativas galegas en A Coruña, centrado nos ámbitos dos coidados, a vivenda colaborativa e a intervención social. Entre as participantes estiveron “Enraizando, S. Coop. Galega”: intervención social, educativa e terapéutica con colectivos en exclusión e/ou con discapacidade, en Ribeira e “Proxecto Alvariza”: vivenda en cesión de uso en Santiago de Compostela, tamén integrado en REAS.

A xuntanza, organizada pola EspazoCoop baixo o título “Coidar, vivir, incluír”, reuniu a representantes de nove cooperativas galegas. No acto tamén estiveron presentes a secretaria de Estado de Economía Social, Amparo Merino; a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira; e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.
Durante a súa intervención, Díaz destacou o papel da economía social como ferramenta clave para dar resposta ás necesidades da cidadanía, salientando o labor das cooperativas na creación de contornos máis inclusivos e na garantía de dereitos. “A economía social pon ás persoas por diante dos beneficios”, subliñou.
A ministra fixo especial fincapé na recente aprobación da Ley Integral de Impulso de la Economía Social, unha norma que, segundo explicou, moderniza e reforza o marco legal do sector. Entre outras medidas, a lei impulsa fórmulas innovadoras como a vivenda cooperativa en réxime de cesión de uso, recoñecida por primeira vez como especialmente protexida.
Neste sentido, Díaz incidiu en que a economía social pode ser un aliado fundamental para facer fronte ao problema da vivenda. “O principal problema de España hoxe chámase vivenda”, afirmou, destacando o potencial do cooperativismo para facilitar o acceso a fogares dignos e asequibles.
O encontro serviu tamén para reforzar o papel de Galicia como territorio de referencia no desenvolvemento de iniciativas cooperativas ligadas aos coidados e á vivenda. A vicepresidenta pechou a xornada cunha mensaxe de recoñecemento ao sector e co compromiso do Goberno de seguir apoiando o seu crecemento e capacidade transformadora.

As cooperativas que interviñeron:
- Colectivo Colaxe (Casas do Maior): xestiona unha rede de 10 cooperativas e 21 Casas do Maior na Costa da Morte.
- Chanzo a Chanzo, S. Coop. Galega: servizos sociosanitarios; xestiona unha Casa do Maior e unha Casa Niño (0-3 anos) en As Somozas.
- Atoupa, S. Coop. Galega Xuvenil: Consultoría e investigación social (Informe CMs), en Vilalba.
- Lenda Educativa, S. Coop. Galega: educación multidisciplinar para colectivos con diversidades, en Carballo.
- Enraizando, S. Coop. Galega: intervención social, educativa e terapéutica con colectivos en exclusión e/ou con discapacidade, en Ribeira.
- Outra Forma de Vivenda / Proxecto As Lavandeiras: vivenda colaborativa en cesión de uso, en A Coruña. Integrada no Grupo galego de vivenda colaborativa de REAS.
- Proxecto Alvariza: vivenda en cesión de uso en Santiago de Compostela, tamén integrado en REAS.
- Proxecto O Fogar na Ulla: cooperativa de vivenda en cesión de uso, integrada en REAS.
- Agrelar Consultoría: consultora galega especializada en proxectos de vivenda colaborativa e inclusiva.
- Fiare Banca Ética: entidade cooperativa que ofrece servizos financeiros con enfoque na economía social, solidaria e o impacto socioambiental positivo.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
