O Concello de Boiro convoca o proceso para contratar o persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do persoal docente e directivo que impartirá as modalidades de forestal e carpintería do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que vai desenvolver o Concello de Boiro. Vanse contratar un titor/a; un mestre/a para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas; 1 mestre/a […]
O artigo O Concello de Boiro convoca o proceso para contratar o persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do persoal docente e directivo que impartirá as modalidades de forestal e carpintería do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que vai desenvolver o Concello de Boiro. Vanse contratar un titor/a; un mestre/a para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas; 1 mestre/a
O artigo O Concello de Boiro convoca o proceso para contratar o persoal docente e directivo do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación do persoal docente e directivo que impartirá as modalidades de forestal e carpintería do Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V que vai desenvolver o Concello de Boiro. Vanse contratar un titor/a; un mestre/a para a especialidade de repoboacións forestais e tratamentos silvícolas; 1 mestre/a para a especialidade de instalación de elementos de carpinaría; e 1 director/a.

As persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos comúns como son os de ter a nacionalidade española; non padecer enfermidade ou defeco físico ou psíquico que impida o desempeño das funcións; non ter sido desapedido mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública; non incorrer en causa de incompatibilidade.

Ademais, no caso do director/a, deberá contar co titulo universitario oficial de grao ou equivalente, posuír o CELGA 4 e contar con permiso de conducir B; no caso dos mestres deberán contar co CELGA 4 e permiso de conducir B e estar en posesión de título de grao universitario ou equivalente e Certificado Profesional de habilitación para a docencia; para o titor/a esixirase tamén o CELGA 4 e a titulación universitaria de pedagoxía, psicopedagoxía ou psicoloxía.

O prazo de presentación de solicitudes está aberto durante un prazo de cinco días hábiles a contar dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria. As bases e toda a información sobre o proceso selectivo está dispoñíbel na páxina web municipal.

O Obradoiro de Emprego Torre Goiáns V desenvolverase durante o curso 2026/2027 durante 9 meses e está destinado a 20 alumnos/as traballadores. Para levalo a cabo o Concello de Boiro conta cunha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas