O peche indefinido no recibidor do Hospital da Barbanza, organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, alcanza xa o seu 12.º día, contando con máis de 1.300 sinaturas de apoio. A protesta xorde pola negativa dos responsables sanitarios a manter unha reunión coa Plataforma, cuxo primeiro contacto solicitado data de hai 823 […]
O artigo Máis de 1.300 sinaturas e apoio cultural sosteñen o peche indefinido no Hospital da Barbanza publicouse primeiro en O Barbanza. O peche indefinido no recibidor do Hospital da Barbanza, organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, alcanza xa o seu 12.º día, contando con máis de 1.300 sinaturas de apoio. A protesta xorde pola negativa dos responsables sanitarios a manter unha reunión coa Plataforma, cuxo primeiro contacto solicitado data de hai 823
O artigo Máis de 1.300 sinaturas e apoio cultural sosteñen o peche indefinido no Hospital da Barbanza publicouse primeiro en O Barbanza.
O peche indefinido no recibidor do Hospital da Barbanza, organizado pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza, alcanza xa o seu 12.º día, contando con máis de 1.300 sinaturas de apoio. A protesta xorde pola negativa dos responsables sanitarios a manter unha reunión coa Plataforma, cuxo primeiro contacto solicitado data de hai 823 días.
Ao longo desta semana, o sector cultural únese ás reivindicacións: este luns actuará o dramaturgo Quico Cadaval; o martes celebrarase un obradoiro de escrita creativa de terror con Maruxa Martínez; o mércores terá lugar un recital poético de Xabier López Marqués acompañado á guitarra por Suso Bello; e o xoves será o concerto do dúo Barahúnda.

Ademais do peche no Hospital da Barbanza, continúan as concentracións nos centros de saúde da comarca. O martes 5 de maio, ás 19.00 h, terá lugar unha concentración diante do centro de saúde de Rianxo para reclamar a apertura do PAC 24 horas, unha ambulancia permanente, reforzo de pediatría e cobertura de ausencias.
O venres 8 de maio haberá concentracións en Aguiño, ás 11.30 h, para reclamar cobertura completa de persoal médico, e na Pobra do Caramiñal, ás 12.00 h, para pedir que o PAC abra tamén polas tardes en días laborais.
A Plataforma continúa a mobilizar á veciñanza para reclamar unha sanidade pública máis accesible e garantida na comarca do Barbanza.



Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
