Entre o 20 e o 23 de agosto desenvolverase na praza de España de Ribeira a V edición da Feira Gastromar, evento gastronómico organizado pola patronal local (a AER, a Asociación de Empresarios de Ribeira) que é xa un referente no galego no sector dos produtos do mar, reivindicando os produtos da ría, os seus […]
O artigo O 20 de agosto abre as súas portas en Ribeira a V edición da feira Gastromar publicouse primeiro en O Barbanza. Entre o 20 e o 23 de agosto desenvolverase na praza de España de Ribeira a V edición da Feira Gastromar, evento gastronómico organizado pola patronal local (a AER, a Asociación de Empresarios de Ribeira) que é xa un referente no galego no sector dos produtos do mar, reivindicando os produtos da ría, os seus
O artigo O 20 de agosto abre as súas portas en Ribeira a V edición da feira Gastromar publicouse primeiro en O Barbanza.

Entre o 20 e o 23 de agosto desenvolverase na praza de España de Ribeira a V edición da Feira Gastromar, evento gastronómico organizado pola patronal local (a AER, a Asociación de Empresarios de Ribeira) que é xa un referente no galego no sector dos produtos do mar, reivindicando os produtos da ría, os seus peixes e os seus mariscos.
A cita conta coa colaboración das confrarías de Ribeira e Aguiño e diferentes empresas e administracións como a Xunta e o Concello, á que se suman entidades tan relevantes como a Sociedade Cooperativa Santa Uxía (OPP83), que na anterior edición entregou lirio e sardiñas para ser degustados durante a feira, exemplificando, dixo “o compromiso da frota coa calidade, a frescura e a sustentabilidade dos seus produtos”.
A feira ofrece durante tres días degustacións abertas ao público, obradoiros familiares, exhibicións gastronómicas a cargo de cociñeiros de prestixio. Tamén haberá unha xornada solidaria o domingo pola tarde: unha degustación de balde dedicada especialmente aos maiores de AGADEA e da Residencia de Maiores de Ribeira.
Quen queira consultar o programa detallado teno no Facebook da ARE.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
