A Xunta concede á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente

A Xunta de Galicia vén de conceder á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente, un distintivo co que xa contaban Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Carballo e que identifica aquelas instalacións que “destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado”. Co obxectivo […]
O artigo A Xunta concede á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente publicouse primeiro en O Barbanza. A Xunta de Galicia vén de conceder á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente, un distintivo co que xa contaban Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Carballo e que identifica aquelas instalacións que “destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado”. Co obxectivo
O artigo A Xunta concede á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente publicouse primeiro en O Barbanza.  

A Xunta de Galicia vén de conceder á praza de abastos de Ribeira o selo de Mercado Excelente, un distintivo co que xa contaban Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Carballo e que identifica aquelas instalacións que “destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado”.

Co obxectivo de acadar os 25 espazos con esta distinción en 2030, a Xunta ten en marcha o Plan de impulso da Rede de Mercados Excelentes, que está a rexer a colaboración coas entidades locais de cara a dar pulo á calidade e excelencia das prazas de abastos da Comunidade.

O Goberno galego destaca que o Mercado Municipal de Ribeira conta cunha vintena de postos de venda de produto fresco e de proximidade, ademais de oferta de restauración. Lembra que “a Xunta vén apoiando as instalacións desde a súa construción, sendo a última axuda concedida para a realización dunha diagnose e estudo de mercado sobre a praza, co fin de avanzar cara a un modelo de excelencia que sirva como referente de calidade, innovación e compromiso coa cidadanía”.

No marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, o Goberno autonómico busca consolidar as prazas de abastos como puntos neurálxicos da comercialización de produtos frescos de proximidade, ademais de como centros de actividades complementarias que inciden de xeito decidido na dinamización das vilas e cidades galegas. Nese senso, o Plan de impulso da Rede de Mercados Excelentes establece apoios por parte da Xunta de ata o 70 % co gallo de promover obras de reforma, mellora ou modernización nas instalacións que aspiren a obter o selo de Mercado Excelente.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas