O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa participaron a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, […]
O artigo Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa participaron a concelleira de Cultura, Patricia Lojo,
O artigo Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra publicouse primeiro en O Barbanza.
O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa participaron a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e responsábel do Taller Alecrín.
A programación na Pobra desenvolverase os venres pola tarde no Colexio Banda Seca e contará con dúas modalidades. Por unha banda, Linedance, pensada para quen queira bailar de maneira individual; pola outra, Baile Social, dirixido a parellas.
Baila con Nós será, ademais, o punto de partida dunha tempada 2026-2027 con diferentes propostas arredor desta disciplina. O Taller Alecrín manterá no municipio os seus cursos regulares de Linedance e Baile Social, aos que se sumará a promoción do Baile Deportivo entre o alumnado dos centros educativos. A programación terá tamén continuidade no mes de abril coa xa tradicional celebración do Día Internacional da Danza.
Durante a presentación, Patricia Lojo puxo en valor a colaboración mantida co Taller Alecrín e agradeceu o traballo desenvolvido pola entidade ao longo destes anos na Pobra. A concelleira de Cultura animou tamén a veciñanza a participar nas actividades e a achegarse ao baile como unha forma de manterse activa, compartir e desfrutar.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
