O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de renovación de pavimentos en núcleos rurais do municipio, no que […] O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de renovación de pavimentos en núcleos rurais do municipio, no que
O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos.

A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de renovación de pavimentos en núcleos rurais do municipio, no que tamén se inclúen intervencións en Boiro de Arriba, A Armada, A Aspra, Pazos de Coroño e O Saltiño. Trátase de melloras en tramos de camiños públicos municipais que presentan un importante estado de deterioro.
Segundo informa o Concello, o obxectivo é mellorar o firme destas vías, especialmente afectadas polo paso do tempo e polas choivas, co fin de garantir un acceso máis seguro ás vivendas da veciñanza.
O conxunto das actuacións suma un investimento de 153.206 euros, financiados pola Deputación da Coruña a través do Plan Único de Concellos (POS+).
Barbanza-Arousa | O Barbanza
