Este venres, novas concentracións pola sanidade pública en Aguiño e máis na Pobra

Este venres 7 de agosto volven as concentracións da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza. Como vén sendo costume, haberá varias frontes de traballo. Por unha banda diante do Centro de Saúde de Aguiño ás 11.30 horas. Esta concentración vén motivada, en palabras da plataforma, “porque nesta época estival, co aumento de poboación, non se […]
O artigo Este venres, novas concentracións pola sanidade pública en Aguiño e máis na Pobra publicouse primeiro en O Barbanza. Este venres 7 de agosto volven as concentracións da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza. Como vén sendo costume, haberá varias frontes de traballo. Por unha banda diante do Centro de Saúde de Aguiño ás 11.30 horas. Esta concentración vén motivada, en palabras da plataforma, “porque nesta época estival, co aumento de poboación, non se
O artigo Este venres, novas concentracións pola sanidade pública en Aguiño e máis na Pobra publicouse primeiro en O Barbanza.  

Este venres 7 de agosto volven as concentracións da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza. Como vén sendo costume, haberá varias frontes de traballo.

Por unha banda diante do Centro de Saúde de Aguiño ás 11.30 horas. Esta concentración vén motivada, en palabras da plataforma, “porque nesta época estival, co aumento de poboación, non se está cubrindo ningún día, nin sequera parcialmente, a baixa de longa duración ( mais de 9 meses) dunha das 2 médicas de familia, xerando importantes atrasos nas citas”.

Pola outra, está prevista outra concentración ás 12.00 do mediodía diante do Centro de Saúde da Pobra, onde as e os participantes na mesma reclamarán a apertura do PAC en horario de tarde e máis a cobertura das ausencias do persoal.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas