Espazos Sonoros regresa un ano máis cunha programación que volve “propoñer un diálogo entre música e patrimonio”, convidando o público a descubrir espazos de especial valor histórico e cultural da provincia da Coruña a través da experiencia artística. Organizado polo departamento de Patrimonio da Deputación da Coruña, o ciclo desenvolverase entre o 5 de setembro […]
O artigo O ciclo Espazos Sonoros (Deputación) inclúe A Pobra do Caramiñal no seu itinerario pola provincia publicouse primeiro en O Barbanza. Espazos Sonoros regresa un ano máis cunha programación que volve “propoñer un diálogo entre música e patrimonio”, convidando o público a descubrir espazos de especial valor histórico e cultural da provincia da Coruña a través da experiencia artística. Organizado polo departamento de Patrimonio da Deputación da Coruña, o ciclo desenvolverase entre o 5 de setembro
O artigo O ciclo Espazos Sonoros (Deputación) inclúe A Pobra do Caramiñal no seu itinerario pola provincia publicouse primeiro en O Barbanza.

Espazos Sonoros regresa un ano máis cunha programación que volve “propoñer un diálogo entre música e patrimonio”, convidando o público a descubrir espazos de especial valor histórico e cultural da provincia da Coruña a través da experiencia artística. Organizado polo departamento de Patrimonio da Deputación da Coruña, o ciclo desenvolverase entre o 5 de setembro e o 8 de outubro con seis concertos en enclaves patrimoniais da provincia e unha última cita en Viena, onde o festival renovará a súa colaboración coa sala Sargfabrik na terceira edición do Serán Galego en Viena.
A programación arrancará o 5 de setembro na igrexa de San Tomé de Monteagudo, en Arteixo, coa actuación de Le Miroir de Musique. Continuará o 12 de setembro no Teatro-Cine Alfonsetti de Betanzos con Das Kolorit; o 19 de setembro, no santuario da Nosa Señora da Laxe de Vilasantar, con Reïna Lupa; o 26 de setembro, na Igrexa de Santiago da Pobra do Deán, na Pobra do Caramiñal, con Sara Ruiz; e o 27 de setembro, no Forno do Forte de Malpica de Bergantiños, co Dúo Abeiro. O 3 de outubro, Grupo 1500 ofrecerá o último concerto da programación galega na igrexa de San Nicolao de Cis, en Oza-Cesuras.
O ciclo concluirá o 8 de outubro en Viena coa terceira edición do Serán Galego en Viena (Galicische Nacht in Wien), unha iniciativa froito da cooperación entre Espazos Sonoros e Sargfabrik que contribúe a difundir a creación musical galega nun contexto internacional.

O deputado de Patrimonio, Xosé Penas, destacou que Espazos Sonoros é “un proxecto plenamente consolidado no panorama estatal”, que combina excelencia artística e posta en valor do patrimonio como ferramenta de dinamización cultural e social do territorio. “É un festival cunha identidade propia, afastado das modas e dos grandes eventos masivos, que aposta por outra maneira de vivir a música e de achegarse ao patrimonio”, sinalou.
Como en edicións anteriores, cada concerto irá acompañado dunha proposta do programa Coñece o teu patrimonio, que permitirá descubrir a historia e os valores culturais de cada enclave. O público poderá participar nunha visita guiada á igrexa de San Tomé de Monteagudo; nun percorrido polo Betanzos monumental; nun paseo polos muíños do río das Gándaras, en Vilasantar; na ruta A Pobra de Valle-Inclán: un paseo entre historia e literatura; nunha visita ao Forno do Forte centrada na tradición oleira; e nun percorrido narrado por Quico Cadaval arredor da igrexa de Santa María de Cuíña, en Oza-Cesuras..
O programa ao detalle pode consultarse na páxina web espazossonoros.org.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
