María Sampedro comprométese coa veciñanza do Touro a mellorar servizos básicos e reforzar o mantemento

Un grupo de veciños e veciñas do barrio do Touro, en Ribeira, tivo ocasión de facer unha radiografía das necesidades do lugar xunto á alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso. As principais demandas foron relativas á regulación do estacionamento de vehículos durante o verán e ao arranxo do tramo […]
O artigo María Sampedro comprométese coa veciñanza do Touro a mellorar servizos básicos e reforzar o mantemento publicouse primeiro en O Barbanza. Un grupo de veciños e veciñas do barrio do Touro, en Ribeira, tivo ocasión de facer unha radiografía das necesidades do lugar xunto á alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso. As principais demandas foron relativas á regulación do estacionamento de vehículos durante o verán e ao arranxo do tramo
O artigo María Sampedro comprométese coa veciñanza do Touro a mellorar servizos básicos e reforzar o mantemento publicouse primeiro en O Barbanza.  

Un grupo de veciños e veciñas do barrio do Touro, en Ribeira, tivo ocasión de facer unha radiografía das necesidades do lugar xunto á alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso. As principais demandas foron relativas á regulación do estacionamento de vehículos durante o verán e ao arranxo do tramo de paseo con firme en formigón que vai a carón de Area Secada, así como cuestións de mantemento.

A rexedora expuxo que se estudará a viabilidade de acometer a pavimentación de dito anaco de paseo para que o firme estea nivelado e mellorar a accesibilidade. Así mesmo, manifestou que se avaliarán diferentes alternativas para a mellora do fluxo do tráfico na zona durante o verán.

Outro asunto a tratar versou sobre a velocidade na estrada provincial que une o centro urbano coa parroquia de Castiñeiras, pois residentes trasladaron que hai vehículos que exceden o límite permitido. A mandataria local comprometeuse a “colocar nas inmediacións un dos radares pedagóxicos dos que recentemente adquiriu a Administración local” e tamén indicou que “xa trasladou á deputada provincial de Vías e Obras a demanda veciñal relativa a máis pasos peonís”. Así mesmo, consensuado coa veciñanza, faranse controis de tráfico para garantir o cumprimento do límite de velocidade permitida e mellorar a seguridade na área.

“Xa estivemos na Carroucha, na Agriña e na Habana, e nesta semana estivemos cunha trintena de veciños e veciñas da contorna do Touro para escoitar as súas demandas”, manifestou Sampedro, para quen “o contacto directo a pé de rúa é clave para coñecer as necesidades reais e acertar na folla de ruta marcada para a acción municipal”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas