O pleno da Corporación municipal da Pobra celebrou este xoves a súa sesión ordinaria, na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa xestión municipal e asuntos de interese para a veciñanza. Tras a aprobación da acta da sesión anterior, a Corporación tomou coñecemento dos decretos da Alcaldía e asuntos varios, da aprobación e remisión ao […]
O artigo Na Pobra a Corporación apoia por unanimidade o recoñecemento ao axente Marcos Rodríguez Iglesias publicouse primeiro en O Barbanza. O pleno da Corporación municipal da Pobra celebrou este xoves a súa sesión ordinaria, na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa xestión municipal e asuntos de interese para a veciñanza. Tras a aprobación da acta da sesión anterior, a Corporación tomou coñecemento dos decretos da Alcaldía e asuntos varios, da aprobación e remisión ao
O artigo Na Pobra a Corporación apoia por unanimidade o recoñecemento ao axente Marcos Rodríguez Iglesias publicouse primeiro en O Barbanza.

O pleno da Corporación municipal da Pobra celebrou este xoves a súa sesión ordinaria, na que se abordaron diferentes cuestións relacionadas coa xestión municipal e asuntos de interese para a veciñanza.
Tras a aprobación da acta da sesión anterior, a Corporación tomou coñecemento dos decretos da Alcaldía e asuntos varios, da aprobación e remisión ao Ministerio de Facenda da liquidación do orzamento de 2025 e do informe de avaliación e comunicación ao Ministerio sobre o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria con ocasión da remisión do orzamento para o exercicio económico de 2026.
A proposta da Alcaldía relativa á solicitude dunha subvención nominativa á Deputación da Coruña foi aprobada por unanimidade. A petición está vinculada a unha finca situada no Maño, na parroquia de Santa María do Xobre, cunha superficie superior aos 4.000 metros cadrados e na que se atopan elementos de interese patrimonial e arqueolóxico.
Pola súa banda, a aprobación inicial da modificación da ordenanza de circulación do Concello da Pobra do Caramiñal contou cos votos favorábeis do Goberno municipal e coa abstención do Partido Popular.
Un dos asuntos destacados foi a proposta da Alcaldía para a incoación do expediente de recoñecemento público ao axente da Policía Local Marcos Rodríguez Iglesias, que recibiu o respaldo unánime da Corporación.
Tamén se someteu á consideración do pleno, por vía de urxencia, a aprobación do Plan Estratéxico de Subvencións (PES). A proposta saíu adiante cos votos favorables do Goberno municipal e os votos en contra do Partido Popular.
Outro dos momentos destacados da sesión chegou coa moción relativa ao nome do módulo cuberto de atletismo do Estadio Municipal da Alta, que foi aprobada por unanimidade. Pepe Moure estivo presente no salón de plenos e, tras a aprobación da iniciativa, dirixiuse á Corporación cunhas palabras. O momento concluíu cun aplauso das persoas presentes, que se puxeron en pé como mostra de recoñecemento.
A moción relativa á preocupación pola seguridade no concello, centrada durante o debate na problemática asociada ao consumo de drogas, contou cos votos favorábeis do PP e os votos en contra do Goberno municipal. Desde o Goberno explicouse que se comparte a necesidade de actuar ante esta realidade, pero que a resposta require unha abordaxe integral que vaia máis alá dun incremento da presenza policial.
Neste sentido, defendeuse a necesidade de traballar desde diferentes ámbitos, atendendo tamén ás causas e circunstancias que están detrás destas situacións e incorporando a intervención de áreas como Servizos Sociais, xunto co labor das forzas e corpos de seguridade e do resto de organismos con competencias na materia.

Tamén se incidiu en que este traballo coordinado xa se está a desenvolver. Na Xunta Local de Seguridade celebrada con motivo das Festas do Nazareno, ademais de abordar o dispositivo específico para os festexos, tratáronse outras cuestións relacionadas coa seguridade no municipio e que implican os diferentes organismos e corpos con competencias neste ámbito. Deste xeito, o Goberno defendeu “continuar cunha resposta coordinada e transversal, que combine o labor policial coa prevención e a intervención desde outras áreas municipais e sociais”.
Fóra dos asuntos inicialmente incluídos na orde do día, o BNG presentou por vía de urxencia unha moción relacionada coa situación derivada das obras da autovía do Barbanza. A iniciativa expresou o apoio á execución destes traballos, ao tempo que puxo o foco “nos problemas derivados da súa loxística, nas molestias ocasionadas á veciñanza e nos incidentes e accidentes que se están producindo durante o desenvolvemento das actuacións”.

A urxencia da moción foi admitida cos votos a favor do Goberno municipal e os votos en contra do Partido Popular. Unha vez incorporada ao debate, a iniciativa foi aprobada por unanimidade, acordándose instar á Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para resolver os problemas detectados, reforzar a seguridade durante a execución dos traballos e reducir o impacto das obras sobre a veciñanza.
Os representantes do Partido Popular Manuel Durán e Encarna González estiveron ausentes durante toda a sesión. O pleno concluíu co apartado de rogos e preguntas.
A sesión pode reproducirse íntegra no Youtube municipal.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
