O Concello de Boiro continúa co desenvolvemento do programa de Compostaxe Doméstica coa adquisición de 40 novos composteiros, unha iniciativa destinada a “promover a separación e valorización dos residuos orgánicos nos fogares, fomentar hábitos responsábeis e “avanzar cara un modelo de xestión dos residuos máis sostíbel”, informou a Administración local. A través deste programa, que […]
O artigo O Concello de Boiro continúa co programa de Compostaxe Doméstica coa adquisición de corenta novos contedores de orgánicos publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Boiro continúa co desenvolvemento do programa de Compostaxe Doméstica coa adquisición de 40 novos composteiros, unha iniciativa destinada a “promover a separación e valorización dos residuos orgánicos nos fogares, fomentar hábitos responsábeis e “avanzar cara un modelo de xestión dos residuos máis sostíbel”, informou a Administración local. A través deste programa, que
O artigo O Concello de Boiro continúa co programa de Compostaxe Doméstica coa adquisición de corenta novos contedores de orgánicos publicouse primeiro en O Barbanza.

O Concello de Boiro continúa co desenvolvemento do programa de Compostaxe Doméstica coa adquisición de 40 novos composteiros, unha iniciativa destinada a “promover a separación e valorización dos residuos orgánicos nos fogares, fomentar hábitos responsábeis e “avanzar cara un modelo de xestión dos residuos máis sostíbel”, informou a Administración local.
A través deste programa, que comezou no ano 2019, o Concello de Boiro leva repartidos 450 contedores de orgánicos en vivendas unifamiliares de todo o municipio o que “indica a implicación da veciñanza na redución dos residuos que se depositan no colector do lixo, promovendo a transformación dos restos orgánicos xerados nas vivendas en compost”, salientaron dende o Concello, destacando tamén que a experiencia do seguimento que se realiza cos composteiros indica que a maior parte dos restos que se depositan son de materia sobrante da cociña, seguido de segaduras de horta e que o seu uso permite un aforro na xestión de residuos de entre 600 e 800 litros de desperdicio orgánico por familia.
A adquisición destes novos composteiros realizouse mediante unha subvención das Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático para o financiamento de actuacións dirixidas a incrementar a ecoeficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027.
Todas aquelas persoas que queiran participar poden anotarse no Departamento de Medio Ambiente do Concello de Boiro, a través do enderezo electrónico medioambiente@boiro.org ou no teléfono 981 37 75 85.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
