Rianxo achegará formación en seguridade de probas deportivas náuticas

O Concello de Rianxo acolle o 18 e o 19 de abril unha xornada formativa dirixida a persoas maiores de idade que queiran participar como voluntarias en tarefas de seguridade en probas deportivas náuticas. As persoas participantes no programa obterán coñecementos prácticos en prevención de riscos, primeiros auxilios, reanimación cardiopulmonar e uso do desfibrilador externo […]
O artigo Rianxo achegará formación en seguridade de probas deportivas náuticas publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Rianxo acolle o 18 e o 19 de abril unha xornada formativa dirixida a persoas maiores de idade que queiran participar como voluntarias en tarefas de seguridade en probas deportivas náuticas. As persoas participantes no programa obterán coñecementos prácticos en prevención de riscos, primeiros auxilios, reanimación cardiopulmonar e uso do desfibrilador externo
O artigo Rianxo achegará formación en seguridade de probas deportivas náuticas publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Rianxo acolle o 18 e o 19 de abril unha xornada formativa dirixida a persoas maiores de idade que queiran participar como voluntarias en tarefas de seguridade en probas deportivas náuticas.

As persoas participantes no programa obterán coñecementos prácticos en prevención de riscos, primeiros auxilios, reanimación cardiopulmonar e uso do desfibrilador externo automático, así como o manexo de material de salvamento e en técnicas básicas de rescate en probas náuticas.

A actividade enmárcase no programa Padexa con nós, dentro da Rede Galega de Voluntariado Náutico que conta con financiamento da Xunta de Galicia.

O Salón de Plenos do Concello de Rianxo acolleu esta semana a presentación destas xornadas formativas. Nela participou o alcalde, Julián Bustelo, o concelleiro de Deportes, Julio Alcalde, o presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e o presidente do Club de Piragüismo Rianxo, Tino Rodríguez.

As persoas interesadas en participar na formación deberán enviar un correo ao enderezo electrónico voluntariado@fegapi.org e a Federación Galega de Piragüismo achegará un formulario de volta.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas