O Auditorio municipal será o escenario dun encontro organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza e o Concello de Rianxo que analizará o papel da Fiscalía e a Querela Arxentina. O Auditorio de Rianxo converterase o vindeiro sábado 21 de novembro no epicentro da reflexión xurídica e memorialística coa celebración das xornadas […]
O artigo Rianxo acollerá o 21 de novembro as xornadas «Xustiza e Memoria Histórica Democrática» publicouse primeiro en O Barbanza. O Auditorio municipal será o escenario dun encontro organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza e o Concello de Rianxo que analizará o papel da Fiscalía e a Querela Arxentina. O Auditorio de Rianxo converterase o vindeiro sábado 21 de novembro no epicentro da reflexión xurídica e memorialística coa celebración das xornadas
O artigo Rianxo acollerá o 21 de novembro as xornadas «Xustiza e Memoria Histórica Democrática» publicouse primeiro en O Barbanza.
O Auditorio municipal será o escenario dun encontro organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza e o Concello de Rianxo que analizará o papel da Fiscalía e a Querela Arxentina.
O Auditorio de Rianxo converterase o vindeiro sábado 21 de novembro no epicentro da reflexión xurídica e memorialística coa celebración das xornadas «Xustiza e Memoria Histórica Democrática». O encontro, que comezará ás 10:30 horas, está impulsado de xeito conxunto pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza e o Concello de Rianxo.
A inauguración oficial correrá a cargo de Carlos Cimadevila, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Barbanza, quen dará a benvida aos asistentes, seguido pola intervención institucional do alcalde de Rianxo, Julián Bustelo Abuín.
Ao longo da mañá sucederanse dúas mesas centrais acompañadas de senllos espazos abertos ao coloquio co público:
- 10:45 h – A Fiscalía de Dereitos Humanos e Memoria Democrática: A primeira quenda contará coa intervención de Dolores Delgado García, fiscal de Sala coordinadora de Dereitos Humanos e Memoria Democrática da Fiscalía Xeral do Estado (40 minutos), e de M.ª Encarnación Mayán Santos, fiscal no Tribunal de Instancia de Ferrol e fiscal delegada autonómica de Dereitos Humanos e Memoria Democrática na Fiscalía Superior de Galicia (20 minutos). Ás 11:45 horas abrirase unha quenda de coloquio e debate.
- 12:30 h – A loita contra a impunidade: a Querela Arxentina: Tras unha pausa ás 12:00 horas, tomarán a palabra Jacinto Lara Bonilla, avogado e coordinador da Coordinadora Estatal de Apoio á Querela Arxentina contra os Crimes do Franquismo (CEAQUA) (40 minutos), xunto con Irene Álvarez Francés, avogada e representante de CEAQUA en Galicia (20 minutos).
A xornada completará o seu programa cun segundo coloquio previsto para as 13:30 horas, antes de proceder á clausura oficial do encontro ás 13:45 horas.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
