O fotógrafo Roberto Ouro, afincado en Santiago e de nai rianxeira volve estar entre os profesionais seleccionados nos Premios Internacionais Luces de Granada, consolidando unha traxectoria que xa suma tres nomeamentos consecutivos neste certame. Nesta edición, Ouro compite na categoría de Reportaxe Gráfica, unha modalidade na que a fotografía adquire unha dimensión narrativa: non se […]
O artigo Roberto Ouro, nomeado por terceiro ano consecutivo nos Premios Internacionais Luces de Granada publicouse primeiro en O Barbanza. O fotógrafo Roberto Ouro, afincado en Santiago e de nai rianxeira volve estar entre os profesionais seleccionados nos Premios Internacionais Luces de Granada, consolidando unha traxectoria que xa suma tres nomeamentos consecutivos neste certame. Nesta edición, Ouro compite na categoría de Reportaxe Gráfica, unha modalidade na que a fotografía adquire unha dimensión narrativa: non se
O artigo Roberto Ouro, nomeado por terceiro ano consecutivo nos Premios Internacionais Luces de Granada publicouse primeiro en O Barbanza.

O fotógrafo Roberto Ouro, afincado en Santiago e de nai rianxeira volve estar entre os profesionais seleccionados nos Premios Internacionais Luces de Granada, consolidando unha traxectoria que xa suma tres nomeamentos consecutivos neste certame. Nesta edición, Ouro compite na categoría de Reportaxe Gráfica, unha modalidade na que a fotografía adquire unha dimensión narrativa: non se trata unicamente de mostrar unha imaxe, senón de contar unha historia a través dela.
O nomeamento chega despois dun 2024 especialmente destacado para o fotógrafo galego, cando logrou alzarse co premio na categoría de Libre Creación.
Nesta ocasión, Roberto Ouro chega á fase final con tres traballos que mostran escenarios e realidades moi diferentes, pero que comparten unha mesma mirada documental.
Unha das fotografías nomeadas está relacionada coa alta montaña, froito da cobertura dunha aventura polos Ancares. Un territorio marcado pola natureza, o illamento e a dureza da paisaxe que ofrece ao fotógrafo un escenario onde o compoñente humano adquire especial protagonismo.

O segundo nomeamento lévanos ata o mar e concretamente ata Punta da Barca (Muxía), onde os percebeiros enfróntanse diariamente a un dos traballos máis arriscados ligados á costa galega.

A terceira proposta nomeada trasládase ao interior da comunidade para retratar os Entroidos de Laza, unha das celebracións tradicionais máis singulares de Galicia.

Con estes tres nomeamentos, Ouro presenta tres mundos aparentemente moi distintos (a montaña, o mar e a tradición popular), pero, nas súas palabras, “unidos por un elemento común: persoas que viven, traballan e manteñen unha relación profunda co seu territorio”.
A candidatura deste ano súmase a un percorrido profesional que nos últimos anos acumulou importantes recoñecementos. Roberto Ouro conta xa na súa traxectoria con dous Premios LUX, correspondentes a 2024 e 2025, un dos recoñecementos de referencia dentro da fotografía profesional en España. A estes galardóns súmase tamén un Premio Nacional da Asociación Española de Fotógrafos Profesionais (FEPFI), obtido en 2025.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
