O BNG da Barbanza manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga

O BNG da Barbanza (concretamente dos concellos de Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra e Ribeira) emitiu un comunicado no que manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga. O BNG de Boiro manifesta publicamente o seu apoio e solidariedade coas traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da […]
O artigo O BNG da Barbanza manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga publicouse primeiro en O Barbanza. O BNG da Barbanza (concretamente dos concellos de Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra e Ribeira) emitiu un comunicado no que manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga. O BNG de Boiro manifesta publicamente o seu apoio e solidariedade coas traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da
O artigo O BNG da Barbanza manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga publicouse primeiro en O Barbanza.  

O BNG da Barbanza (concretamente dos concellos de Arousa Norte: Boiro, Rianxo, A Pobra e Ribeira) emitiu un comunicado no que manifesta a súa solidariedade ás traballadoras de Gadis e Froiz que continúan en folga.

O BNG de Boiro manifesta publicamente o seu apoio e solidariedade coas traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da provincia da Coruña, nomeadamente do Gadis e Froiz de Boiro. Lembran que as traballadoras e traballadores do comercio de alimentación da provincia da Coruña manteñen nestes momentos un importante proceso de mobilizacións en defensa dun convenio colectivo digno e fano “tras meses de negociación sen avances significativos por parte da patronal do sector”. E engaden: “Falamos dun colectivo esencial, integrado maioritariamente por mulleres que, a día de hoxe, seguen padecendo salarios insuficientes que dificultan chegar a fin de mes, elevadas cargas de traballo e importantes dificultades para conciliar a vida laboral, familiar e persoal”.

Segundo a voceira, Raquel Suárez, “a pesar do esforzo diario e dos beneficios obtidos polas grandes empresas do sector, moitas destas traballadoras ven como o seu salario resulta insuficiente para afrontar o incremento do custo da vida”.

Por este motivo, desde o BNG de Boiro instan ás empresas Gadis e Froiz a retomar a negociación do convenio colectivo con vontade real de acordo, co obxectivo de alcanzar unha solución xusta que permita desbloquear o conflito laboral existente.

Da mesma maneira, o pasado xoves 25 no pleno de Rianxo, o BNG aprobou unha moción en apoio ás traballadoras, conseguindo que o Concello instase mediante un escrito ás empresas de Gadis e Froiz a retomar a negociación con vontade real de acordo. “O apoio institucional ás súas reivindicacións é fundamental para arroupar ás traballadoras nesta loita por un convenio colectivo digno.” afirma o voceiro, Fran Rei.

Pola súa banda, o BNG de Ribeira achegouse á xornada do pasado 23 de xuño para amosar o seu apoio directo ás traballadoras. “Non hai unha Ribeira mellor se ese avance se constrúe sobre a precariedade laboral; o progreso ten que ir sempre da man de dereitos e de condicións de vida dignas para a clase
traballadora” subliñou o exalcalde e portavoz Luís Pérez.

Na Pobra, a asemblea local do BNG tamén se suma a esta onda de solidariedade nacionalista, animando á sociedade xeral a apoiar a folga das traballadoras e traballadores da alimentación para conseguir un convenio xusto.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas