Este xoves 23 de xullo inaugurouse formalmente a Feira do Libro de Rianxo, que estará aberta durante os vindeiros días e que constitúe a novena parada dun circuíto de feiras pola xeografía galega organizadas polo sector libreiro (Federación de Librarías de Galicia) en colaboración con entidades como a Consellería de Cultura ou as Deputacións. Na […]
O artigo Inaugurada a Feira do Libro de Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza. Este xoves 23 de xullo inaugurouse formalmente a Feira do Libro de Rianxo, que estará aberta durante os vindeiros días e que constitúe a novena parada dun circuíto de feiras pola xeografía galega organizadas polo sector libreiro (Federación de Librarías de Galicia) en colaboración con entidades como a Consellería de Cultura ou as Deputacións. Na
O artigo Inaugurada a Feira do Libro de Rianxo publicouse primeiro en O Barbanza.
Este xoves 23 de xullo inaugurouse formalmente a Feira do Libro de Rianxo, que estará aberta durante os vindeiros días e que constitúe a novena parada dun circuíto de feiras pola xeografía galega organizadas polo sector libreiro (Federación de Librarías de Galicia) en colaboración con entidades como a Consellería de Cultura ou as Deputacións. Na apertura das actividades, celebrada na praza de Castelao, participaron (entre outras/os) o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, a responsábel de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, e o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo. Porén, o gran protagonista do acto foi o escritor de Dodro (Manselle) Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro.

Pola súa banda, Anxo M. Lorenzo gabou “a ampla e diversa programación deste encontro, que é capaz de reunir a maiores e pequenos cun único obxectivo: desfrutar da lectura e achegarnos un pouco máis a nosa cultura”.
Lorenzo puxo tamén en valor estas citas como “pulo imprescindíbel ao noso sector editorial, que está a vivir un momento fantástico, tal e como demostran os últimos datos que describen que un 67,1 % da poboación galega mercou algún libro no último ano”.
Na cita tamén participou a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade González, quen subliñou a importancia de “apoiar a cultura con actos, non só con palabras. Dende a Deputación sempre intentamos ir por diante, dar exemplo en políticas culturais que sexan atractivas e, sobre todo, accesibles á poboación; porque, se non chegamos á xente, de nada vale todo o que fagamos”. Amais, quixo lembrar que “a lectura é o camiño que nos saca da ignorancia, e por iso é tan relevante” e engadiu: “Como sociedade debemos poñer en valor todo o coñecemento, pero tamén o ocio que nos aportan os libros. Por iso é tan importante estar presente e apoiar este tipo de eventos, porque os creadores e as librarías teñen que ser rendibles, pois son un piar básico da nosa sociedade e se queremos manternos libres e espertos”.
Nesta edición participarán dez librarías: Libraría Pedreira, ULA Libraría Social, Boulevard Libraría Edicións, A Gata Tola, Libraría Agrasar (Monforte), Planeta Mozo, Libraría Cartabón, A Libraría de Rosa-Nobel Boiro, Libraría Agrasar Monforte-Ribeira Sacra e Librería Cándido, que ofrecerán aos lectores unha ampla selección editorial e acollerán numerosas sesións de sinaturas ao longo de toda a feira.

Programación da feira
A programación arrincou o xoves 23 de xullo co acto inaugural, que contará co pregón do escritor Anxo Angueira. A xornada continuou coa proposta escénico- musical Os nomes íntimos, de Lucía Aldao e Samuel Merino, e cunha charla divulgativa arredor da eclipse solar do vindeiro 12 de agosto en Rianxo, impartida por José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, e a doutoranda Paula Cambeses Franco. O día pechouse coa representación teatral de rúa Ñiquiñaque, da compañía Espectáculos Valente en coprodución co Centro Dramático Galego.
O venres 24 de xullo a carpa da feira acollerá o espectáculo familiar Contiario, de Pablísimo, unha sesión de narración oral chea de humor e participación. A continuación presentarase o poemario Pai, de Miguel Louzao Outeiro, acompañado por Valentina Formoso Gosende e Luis Teira Parada, mentres que a xornada rematará coa presentación da novela Pacto de silencio, de Ana Viéitez, xunto ao escritor Óscar Reboiras.
O sábado 25 de xullo estará dedicado á maxia e á literatura familiar coa proposta Ler para crer, do ilusionista Joshua Kenneth, un espectáculo que invita aos máis pequenos a descubrir a lectura a través da ilusión.
Pola noite, Antón Riveiro Coello presentará Os abandonos, acompañado tamén por Óscar Reboiras, antes do concerto de clausura do XXI Ciclo de Bandas, no que a Banda da Escola de Música de Rianxo interpretará un repertorio de bandas sonoras de cinema infantil na Praza Rafael Dieste.
A programación concluirá o domingo 26 de xullo cun concerto de Brinca Vai, protagonizado por Paco Nogueiras, seguido do espectáculo Danza 3, da agrupación tradicional O Fiadeiro, que poñerá o broche final a catro días de actividade cultural arredor do libro e da lectura.
Ao longo de toda a feira, as casetas das librarías recibirán tamén a numerosos autores para encontros e sinaturas, entre eles Manuel Esteban, Rober Cagiao, Antón Riveiro Coello, Ana Viéitez, Alba López Paredes, Miguel Pérez, Silvia Fernández, Alba Tomé, Merce Barreiro, Estefanía Padullés, Silvia Tasende, Charo Baleirón, Tito Pérez, Juan Galán, Analía Bretal, Alba Formoso e Alfonso Barreiro "Fon", entre outros, convertendo a Feira do Libro de Rianxo nun punto de encontro privilexiado entre escritores, librarías e lectores.
Baixo o lema A porta a universos infinitos, a Feira do Libro de Rianxo reafirma o seu compromiso coa promoción da lectura e coa dinamización cultural, ofrecendo unha programación pensada para públicos de todas as idades e consolidándose como unha das grandes citas do calendario cultural galego.

Cómpre lembrar que a de Rianxo é a novena das 13 citas co libro que se estenden este ano por diferentes vilas e cidades das catro provincias, tras a celebración das feiras en Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, O Porriño, Ourense, Redondela, Vigo e Ponteareas. As feiras do libro viaxarán en agosto á Coruña, do 1 día ata o 10; a Viveiro, do día 13 ao 19; a Foz, do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, do día 26 ao 29.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
