Comeza en Ribeira a conta atrás para a apertura de portas (este venres) da XXI Feira de Oportunidades Viamare Stock

Este venres 7 de agosto vai abrir as súas portas un dos grandes eventos comerciais, sociais e culturais da tempada de verán no Barbanza: a XXI edición da Feira de Oportunidades Viamare Stock no Malecón de Ribeira, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) coa colaboración do Concello. A inauguración oficial, que contará coa […]
O artigo Comeza en Ribeira a conta atrás para a apertura de portas (este venres) da XXI Feira de Oportunidades Viamare Stock publicouse primeiro en O Barbanza. Este venres 7 de agosto vai abrir as súas portas un dos grandes eventos comerciais, sociais e culturais da tempada de verán no Barbanza: a XXI edición da Feira de Oportunidades Viamare Stock no Malecón de Ribeira, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) coa colaboración do Concello. A inauguración oficial, que contará coa
O artigo Comeza en Ribeira a conta atrás para a apertura de portas (este venres) da XXI Feira de Oportunidades Viamare Stock publicouse primeiro en O Barbanza.  

Este venres 7 de agosto vai abrir as súas portas un dos grandes eventos comerciais, sociais e culturais da tempada de verán no Barbanza: a XXI edición da Feira de Oportunidades Viamare Stock no Malecón de Ribeira, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira (AER) coa colaboración do Concello. A inauguración oficial, que contará coa presenza do equipo directivo da AER e representantes do Concello e da Xunta, levarase a cabo ás 13.00 horas.

A feira celebrarase os días 7, 8 e 9 de agosto no malecón de Santa Uxía.

Segundo confirmou a patronal na presentación do evento, nesta edición participarán 22 comercios, que ofrecerán aos visitantes unha ampla selección de produtos con importantes descontos, “convertendo a feira nunha excelente oportunidade para apoiar o comercio local e realizar compras de calidade a prezos moi atractivos”, engadiu a AER.

Como novidade deste ano, a feira pechará ao mediodía de 15:00 a 17:00 horas, quedando o horario establecido do seguinte xeito:

-Venres: de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

-Sábado: de 10:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

-Domingo: de 11:00 a 15:00 e de 17:00 a 22:00 horas.

Ademais, reservarase un espazo para a Asociación AGAPE, que participará na feira coa súa tenda solidaria.

Na presentación o presidente da AER, Francisco Martínez Gude, expresou a agradecemento da entidade empresarial a AGADEA pola súa colaboración na elaboración da decoración da feira, un traballo realizado polos seus usuarios.

Engadiu que “a XII Feira de Oportunidades Viamare Stock consolídase un ano máis como unha iniciativa que impulsa o comercio local, dinamiza a economía da vila e se converte nun punto de encontro para veciñanza e visitantes, fomentando as compras de proximidade e poñendo en valor o tecido comercial do municipio”.

A AER animou a toda a cidadanía e aos visitantes a achegarse para desfrutar de esta feira.

Esta campaña esta co-financiada pola Xunta de Galicia Comercio Galego.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas