Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra desenvolven un programa de emprego en xardinería para a mocidade

O Concello de Boiro, coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra, leva a cabo unha nova edición do programa de emprego e formación talento mozo Xuventude II. O programa conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mediante unha subvención de 478.994,36 euros. Este obradoiro desenvolverase na especialidade de mantemento de […]
O artigo Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra desenvolven un programa de emprego en xardinería para a mocidade publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Boiro, coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra, leva a cabo unha nova edición do programa de emprego e formación talento mozo Xuventude II. O programa conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mediante unha subvención de 478.994,36 euros. Este obradoiro desenvolverase na especialidade de mantemento de
O artigo Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra desenvolven un programa de emprego en xardinería para a mocidade publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Boiro, coa colaboración dos Concellos de Rianxo e A Pobra, leva a cabo unha nova edición do programa de emprego e formación talento mozo Xuventude II. O programa conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración mediante unha subvención de 478.994,36 euros.

Este obradoiro desenvolverase na especialidade de mantemento de xardíns e zonas verdes, unha cualificación profesional orientada á adquisición de competencias para a instalación, conservación e mantemento de xardíns, parques e zonas verdes. O alumnado traballador recibirá formación teórica e tamén práctica en xardíns e zonas verdes dos municipios de Boiro, Rianxo e A Pobra.

O programa está destinado a 16 mozos e mozas maiores de 18 anos e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. Ademais, as persoas interesadas deberán cumprir os requisitos de nacionalidade, capacidade funcional, habilitación e compatibilidade esixíbeis para o acceso ao emprego público e estar en posesión, como mínimo, do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) ou equivalente.

O contrato de traballo será para a formación en alternancia, cunha retribución do salario mínimo interprofesional e unha xornada de traballo a tempo completo durante 12 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas