A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto coa disputa da V Robeiriña Cup, un campionato […]
O artigo Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026 publicouse primeiro en O Barbanza. A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15. A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto coa disputa da V Robeiriña Cup, un campionato
O artigo Corrubedo celebra as súas festas de agosto de 2026 publicouse primeiro en O Barbanza.
A localidade de Corrubedo celebra as súas grandes festas do mes de agosto cun amplo programa de actividades deportivas, relixiosas e lecrativas que se estenderá durante os días 2, 6, 7, 8, 9, 14 e 15.
A programación arrincaou no eido deportivo o domingo 2 de agosto coa disputa da V Robeiriña Cup, un campionato de futbito para maiores de 12 anos que terá lugar na pista de Samil previa inscrición.
O xoves 6 de agosto continuará a actividade deportiva coa I Corjo Cup, un torneo de baloncesto 3×3 na mesma pista de Samil, dividido en categorías infantil (ata 14 anos) e adultos (+14 anos).
O venres 7 de agosto celebrarase o Día das Peñas. Os actos relixiosos comezarán ás 12:00 horas coa misa solemne na honra da Virxe do Perpetuo Socorro, cantada polo Coro parroquial de Corrubedo. A partir das 13:00 horas terá lugar o chupinazo da Festa das Peñas, cunha temática dedicada á “TV” e xogos tradicionais ao longo de toda a xornada. Pola noite, a verbena estará amenizada polo Dúo Keima —momento no que se entregarán os premios—, seguido dun fin de festa a cargo da discomóbil con Titomaverick e Abdón Musik.
O sábado 8 a misa solemne renderá homenaxe á Virxe do Cabo ás 12:00 horas coa participación do coro parroquial. A velada nocturna estará animada dende as 23:00 horas por unha discomóbil con varios DJs.
O domingo 9 será o día máis completo da programación, que comezará con dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Xiada. Trala misa solemne das 12:00 horas haberá procesión coas virxes e ofrenda floral, seguida da sesión vermut ás 13:30 horas. Pola tarde, a partir das 20:00 horas, o “Corruserán” de música tradicional reunirá sobre o escenario ás Sivalveiras de Corrubedo, As Garridiñas de Castiñeiras e As Lavandeiras. A gran verbena da noite estará protagonizada pola Orquesta Platinum e a actuación de DJ Iván Mata & Friends.
A recta final dos festexos chegará a mediados de mes. O venres 14 dedicarase ao Día do Neno, coa celebración da V Robeiriña Cup Infantil pola mañá e un programa vespertino a partir das 17:00 horas con inchables, festa da espuma, chocolatada e sorpresas. A música nocturna correrá a conta de MG Discomóvil con DJ Iván Mata e Abdón Musik.
O peche definitivo terá lugar o sábado 15 co Carnavrán, o entroido de verán na Robeira que contará cunha sesión guateque nocturna para a que a organización convida a toda a veñanza e visitantes a acudir disfrazados.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
