Cinco estudantes italianas do Erasmus+ visitan A Pobra e reciben a benvida do Concello

O Concello da Pobra do Caramiñal recibiu a visita de cinco estudantes italianas do Instituto Martino Filetico de Ferentino, situado na provincia de Frosinone, próxima a Roma, que participan no programa europeo Erasmus+. As mozas, que cursan estudos de linguas clásicas e tecnoloxías, foron recibidas na Casa Consistorial polo alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira […]
O artigo Cinco estudantes italianas do Erasmus+ visitan A Pobra e reciben a benvida do Concello publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello da Pobra do Caramiñal recibiu a visita de cinco estudantes italianas do Instituto Martino Filetico de Ferentino, situado na provincia de Frosinone, próxima a Roma, que participan no programa europeo Erasmus+. As mozas, que cursan estudos de linguas clásicas e tecnoloxías, foron recibidas na Casa Consistorial polo alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira
O artigo Cinco estudantes italianas do Erasmus+ visitan A Pobra e reciben a benvida do Concello publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello da Pobra do Caramiñal recibiu a visita de cinco estudantes italianas do Instituto Martino Filetico de Ferentino, situado na provincia de Frosinone, próxima a Roma, que participan no programa europeo Erasmus+.

As mozas, que cursan estudos de linguas clásicas e tecnoloxías, foron recibidas na Casa Consistorial polo alcalde, José Carlos Vidal; a concelleira de Educación, Amparo Cerecedo; e a concelleira de Cultura, Patricia Lojo.

Durante o encontro, as representantes municipais deron a benvida ás participantes. Como xesto de hospitalidade, o rexedor dedicoulles unhas palabras en italiano para saudalas e expresarlles os seus mellores desexos durante a súa estadía na vila.

A visita enmárcase no programa Erasmus+, unha iniciativa da Unión Europea que promove a mobilidade educativa e o intercambio de experiencias entre alumnado de diferentes países, favorecendo o coñecemento doutras culturas e realidades sociais.

Esta recepción institucional permitiu poñer en valor a importancia da cooperación educativa internacional e das oportunidades que ofrece á mocidade para ampliar coñecementos, compartir experiencias e establecer vínculos entre distintas comunidades.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas